viernes, 17 de octubre de 2008

GARZONADAS

Sobre memoria histórica. Chiste de Mingote, no ABC, data 1.10.2008.Garzón, chiste mudo de martinmorales, no ABC do 18.10.2008.
Miliciáns da Fronte Popular creían estar a asesinaren a Deus o 28.07.1936, fusilando unha escultura do Sagrado de Xesús, no "Cerro de los Ángeles", en Getafe.
Xesús, antre os escombros.

Pontevedra, 17.10.2008

Entrada n. 655 do blog

GARZONADAS,
por Xesús López Fernández


Os medios d´hoxe traen a noticia de que Garzón pon en marcha a súa causa xeral. Vanse abrir 11 fosas. O Fiscal Xeral do Estado considera que Garzón non é competente neste caso, que se salta a lei de Amnistía e persigue os delitos de forma retroactiva. ¿Por qué disculpa o xuez a Carrillo ou non quer, xa non quixo no seu día, investigar en Paracuellos de Jarama, onde están os restos do pai dun amigo meu?

Hoxe dábanlle unha idea os tertuliáns de Onda Cero. ¿Por qué non se presenta o xuez en Cuelgamuros, exhuma os restos de Franco e, dándolle cun mazo no cráneo, tres veces como se facía cos Papas, se o xeneral non contesta é que está morto, porque o xuez pide un papel que acredite que Franco morreu, [según noticia dada por la Razón].

O editorial deste periódico titulado ["Proceso a ninguna parte"], analiza diversos aspectos da actuación de Garzón, así como qu´a Fiscalía rexeita dun plumazo a maraña argumental do xuez pra seguir co caso. O xuez quere, ademais, equipara-lo réxime franquista ó réxime nazi. Fala incluso de xenocidio en relación coas mortes ocasionadas polo franquismo. ¿Pero o holocausto non comezara xa moito antes?. Os vídeos que se inclúen manteñen vivo algo furtado á memoria histórica do réxime zapaterista.

Os enlaces citados e os vídeos que siguen poden aclarar non poucas cousas ó lector interesado. A Igrexa tamén está a facer memoria cando lembra que xa fai un ano da beatificación de 498 mártires a consecuencia da actuación republicáa. Ha poder entrar tamén nas listas de espera doutros mártires da guerra que podemos decir comezou, realmente, o 14.04.1931. Siguen dous videos e unha web, que igualmente inclúe outros sete, capítulos dunha película de Mr. Palmer titulada "Defensores da Fe", a guerra civil española.

Vede tamén este enlace: [Jesús entre los escombros]


[O QUE A ESQUERDA NON CONTA]

[DEFENSORES DA FE. GUERRA CIVIL ESPAÑOLA, QUE CONTÉN 7 VIDEOS/CAPÍTULOS]

(Esta película foi rodada por Russell Palmer. É un documental franquista, o único conocido, que o norteamericán rodou pra contrarrestare a opinión dos intelectuales radicados nos EEUU que puideran estare influenciados pola propaganda da República. A película é un testimonio impagable.)

No hay comentarios: