sábado, 1 de diciembre de 2007

CATRO CUESTIÓS DE URXENCIA[1.10.1999]

Así, hasta cuando?. Pergunta a xente da rúa do Laranxo desesperada, ó ver que as obras comezadas no mes de Setembro do 2006, permanecen sen rematar. Mal tomádo-los niveles, coa idea de se carga-la balaustrada do museo, pra lle dar paso ós skatesboarders. Foto de Xesús López.

O urbanismo atentatorio da Cobián Roffiñac ou Corredera de los Mosquerones. Fotos do autor.

Corredera de los Mosquerones. Os mosquerós mostran este espectáculo a consecuencia dos frecuentes accidentes. Pra eso foron colocados na Cobián Roffiñac.

Pontevedra, 1.12.2007

Non houbo revitalización na cidade. Os agoiros fóronse comprindo e a cidade vai sendo, urbanística e comercialmente, cada vez máis ruína. Agora presumen de medioambientalistas cando é nesa fronte, na da actuación da disciplina medioambiental, na que a prostitución política resulta máis evidente. Aquí, se non entra a sanciona-la Comisión Europea de Medio Ambiente, xa non vai haber salvación.

CATRO CUESTIÓS DE URXENCIA [1.10.1999],
por Xesús López Fernández

Díxosenos que había aí un diñeiro chegado de Europa que ía servir pra revitaliza-la cidade, o seu casco vello; que era necesario mercar con urxencia tres ou catro edificios --antes de finda-los prazos marcados-- nos que acoller actividades dinamizadoras. Había, ó parecer, fabas pra todo e inda máis....Mais semella que xa non é así, que os cartos tocan fondo porque os costes se dispararon; que hai imprevistos no edificio da rúa Fariña, de difícil adaptación prás actividades que alí queren integrar; ou no pazo de Mugartegui problemas de cimentación. Por outra banda preséntase como moi escuro o futuro do Mercado de Abastos, que tería de se-lo gran catalizador da zona vella. A ver qué pasa. Asunto grave e urxente.

Estannos a conta-las cousas sen triunfalismos, e dá un certo medo. Polo miúdo vanse conocendo, día a día, as circunstancias que concurren no freazo do Peprica, o por qué non se resolven cuestiós que representan auténticos agravios comparativos, cómo Cultura veu i está sofreando as posibles e necesarias actuaciós. Permisividade pra que o Museo faga o que os cidadáns non poden. O edificio da Facenda, ¿novo museo?. ¿E qué necesidade hai de que a Delegación se marche daí se, en teoría, necesitan cada vez menos espacio? Outra cousa serían as posibles obras pra faceren o edificio, o seu interior, máis funcional; pero o seu traslado a Campolongo parece máis unha cuestión de capricho político que outra cousa. Hoxe Facenda sómola todos nós, e cada PC doméstico é, de seu, un medio pra conectármonos coa Delegación. Se Facenda –como parece decidido— se vai a Campolongo, a zona vella vai perder pulo. Máis museo, homes de cera.

Insistindo no tema do Mercado, demasiados cartos pra unha obra provisional que vai ser inaugurada cando xa terían de estar de retorno á Praza de Abastos os vendedores. O material da instalación temporal non vai ser reciclable. Algo cheira mal en todo esto, sobre todo que xa non queden fabas do Urban pra facer un novo Mercado digno, coas ofertas dunha gran superficie, e todo por conservar unhas pedras de corta historia, moitas delas enfermas. O incumprimento de prazos foi acabando coa moral dos comerciantes da zona, limitados nas súas operaciós, sen un futuro claro e, pouco a pouco, foise fraguando na mente de moitos a posibilidade dunha vendetta electoral, cansos de seren tomados por estúpidos. E parece que xa non hai prazo pra o soñado retorno, prá reinauguración do buque insignia da zona. Sonan as alarmas.

E imos meter no saco das actuaciós urxentes o tema do Vao, no que se contempla unha actuación urbanística que pode marcar un tempo distinto pró lugar. Non se entenden os consentimentos coese colectivo que se nega a integrarse socialmente, racista incluso coas castes inferiores da súa propia etnia; que ten o seu código privado, que pasan de todo tipo de obrigación legal, que son respetados e temidos, consentidas decote as súas actuaciós á marxe da lei. Porque hai moitos tontos que os disculpan se rouban ou venden droga coa frase “de algo teñen que vivir”. ¡Ata que un fillo ou unha filla camiñen polo carreiro da morte gracias ó suministro que consiguen no Vao!. A morte dun navallazo logo chega; por medio da droga pode tardar máis, pero tamén é segura. ¿Ónde estará a “conexión” que impide a desparasitación do lugar?

No hay comentarios: