sábado, 1 de diciembre de 2007

DA CONCIENCIA AMBIENTALISTA[21.8.1999]

As árbores como riqueza. Dibuxo de Xesús López.

O fondo do mar, en peligro. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 1.12.2007

Recuperamos un traballo sobre ecoloxía do ano 1999. As cousas non melloraron dende aquela e seguimos acabando coa Creación. Non hai conciencia recicladora. A sustentabilidade parece algo moi lonxán aínda que presuman de ambientalistas.


DA CONCIENCIA AMBIENTALISTA [21.8.1999],
por Xesús López Fernández


No meu traballo anterior apuntaba xa algunhas ideas sobre o concepto de sostenibilidade, sobre o bosco como un ben a conservar ó tempo que como creador de riqueza, que tal parece o camiño máis racional; un camiño no que primaría o valor da madeira sobre a cantidade. A sostenibilidade que mantén vivos postos de traballo que desaparecerían no caso da tala masiva que, curiosamente, acaba coa fraga e cada vez precisa de menos man de obra se a comparamos con outras opciós de uso forestal. E así os boscos dos EE.UU. de carácter nacional están xestionados pró abastecemento de madeira, a pesares de que o seu uso recreativo xera case 2.600.000 empregos e aporta 97.800 millós de dólares á economía nacional. A tala de árbores sóo crea 76.000 postos de traballo e 3.500 millóns de dólares.

Retomarei o tema en futuros traballos. Quero agora ocuparme do fondo de certas novedades da pasada semana, aínda non ben definidas. Refírome ás conversas do alcalde de Pontevedra en relación co agardado traslado de Tafisa, e ás súas xestiós co conselleiro de Medio Ambiente en relación co tema da empacadora e co asunto das vasuras. Comunicados contradictorios que tamén agardamos nos aclaren en datas próximas. Temas duros nos que deberiamos aproveita-la experiencia dos países adiantados, de cómo algunhas cidades están a convertir en riqueza o papel usado, o aluminio dos envases, o cristal....Ese é o camiño e as fábricas de papel reciclado queren asegurarse o fornecemento, que pagan, do papel usado das grandes cidades: Nova York, San Francisco, Boston. E das áreas de Porto, Lisboa e Setúbal, case na casa.

Está claro que, no tratamento dos residuos sólidos urbáns, hai que demandar unha rigorosa recollida selectiva: as cidades como fontes de materias primas pra papeleiras, fábricas de vidro, de aluminio, miniacerías, o denostado compost.... Todo en función da devandita sostibilidade do noso planeta, porque éso é o que está en xogo e non pode prevalecer por máis tempo a idea da incineración das vasuras. Aí están enfrontadas dúas filosofías, dous modos distintos de entende-la relación do home coa natureza: uns, que creen que o home ten patente de corso e pode exercer un dominio total sobre a mesma, estragala, algo previsto no libro da Creación; outros, que saben que ese dominio non debe derivar nunca en dominación, fuxindo de lecturas fundamentalistas. Apúntome ó bando dos últimos, dos que entenden que o “dominio da natureza” implica o seu coidado e conservación.

O debate filosófico hai tempo que está prantexado; mais, de momento, aquí non se acertou a xestiona-los residuos en debida forma e, máis alá das promesas e fotografías de campaña, non se está a potencia-la recollida selectiva. E podemos transitar por barrios de cidades importantes sen ver contenedores pró depósito de botellas, de envases ou papel. A idea primeira da incineración promovida por Sogama permanece. E se un se achega a un contenedor específico pra depositar papel usado, uns periódicos, o que non queda claro é que o destino último dese papel vaia se-la reciclaxe anunciada. En Portugal sí que o saben. Agardamos que aquí, mercede ó diálogo que agora se abre con Medio Ambiente, as cousas van ir a mellor, entendida a sustentabilidade da terra como cousa de todos, o libro da Creación ben leído.

No hay comentarios: