Na dereita da imaxe, un cidadán cruza a rúa Sierra. Máis alá del pódese apreciar un tramo da muralla, descoberto e sen negunha protección, ó mellor pensado "prá accesibilidade dos cegos". E a ONCE aínda premia estos disparates, con sospeitosa recalificación urbanística de por medio, en Campolongo. Foto do autor.
Cos traballos da famosa "accesibilidade" cargáronse este espacio emblemático, a antigua praza da Verdura. E se levaron os bancos. Privatizaron a praza e hoxe todo son terrazas que impiden o paso das xentes e, por suposto, dos minusválidos. Das ambulancias, fixo.
A parte superior do dibuxo representa o capital natural que a Axenda 21 Local debería propoñer como espacio a recuperar: o Lourizán de antes, no canto do Lourizán e a ría toda do despois, que han potenciar coa depuradora ilegalmente construída en dominio público marítimo terrestre.
Pontevedra, 3.12.2007.
Traballo desta data, en diversos medios. Cando Pontevedra se dispón a recibir un premio nacional polo realizado en materia de accesibilidade, somos moitos os cidadáns que denunciámo-la falacia coa que se está a aplicar este término. Cando sabemos que a cidade está chea de trampas, que son moitas as tapas de rexistros que, por fraxilidade, se poden tragar a un cego ou a unha cega, ou a algún inválido coa súa silla; cando sabemos que a ambulancia medicalizada pode non chegar por culpa dos mosquerós ou das seudoterrazas de miseria e que, consecuentemente, alguén pode morrer, como ben sei dun caso; cando se quer presumir de traballar no medio ambiente, pero a ría toda vese abocada, polo traballo dos políticos mediocres que aquí mandan, a acabar sendo unha gran sentina; cando algús defenden o seu ambientalismo a base de cargas de dinamita, como acontece coa Autoridade Portuaria, ou da depuración terciaria nunha EDAR presuntamente ilegal, deberemos decir que a política urbanística do Concello non ten defensa nada máis que nos núcleos subvencionados, nos "grandes irmáns" escollidos pra xustificaren o inxustificable, que saben que vivir na zona vella é un martirio e que esa accesibilidade foi traballada, fundamentalmente, pra convertiren a vila nun espacio prós "skates boarders" que todo desgracian i escachan. Pero mellor leede o artículo, con menos bilis que esta presentación.
por Xesús López Fernández
-
Estamos en campaña e creen que nos poden “vender” de todo, especialmente medio ambiente. Resulta que somos, en Pontevedra, cidade “saudable e sostible” e que incluso hai premios de por medio. Que se queira magnifica-lo aquí feito non deixa de ser unha xangada. Non poden fardar do aquí realizado, particularmente da depuradora d´Os Praceres, algo xa comentado noutros artículos. Moitos cidadáns han lembrare algús dos sustos que nos ten dado esa EDAR que, según a Delegación Provincial de Costas do Estado, é ilegal e carece de concesión, como tamén o emisario. Lembremos aquel vertido do 8.11.2004, no que morrera toda canta ameixa había no areal. O axente causal puido ser un organoclorado chamado endrín [¿fabricado alí do lado, procedente dos lodos das balsas?], que apareceu nas mostras tomadas pola Policía Autonómica. Debe ser por eso que a Lei de Costas, no artículo 44.6, afirma que non se pode construir unha depuradora de augas sucias na ribeira do mar; que terá de facerse separada pola franxa de protección [20 mt.].
É decir, que habería que situa-la EDAR fóra do terreo demanial, tendo en conta que tamén o Raminp é de aplicación neste caso, como nos de Reza, en Ourense; de Aranda de Duero, e tamén na desembocadura do Besaya, tres depuradoras con sentencias de derribo. Estas instalaciós precisan, sempre, de certificación de actividade ambiental integrada. Non ter en conta esas cuestiós pode ser revelador dunha certa prostitución política cando se acomete o PXOM e parece existe a vontade de aparca-lo estudio da Axenda 21 Local, algo que tiña que ser neste momento preocupación viva de tóda-las asociaciós de veciños i ecoloxistas que non estean fidelizadas polos que, con responsabilidade política, parecen convencidos de que non vale a pena restaura-la ría, recupera-lo capital natural como recomenda a dita Axenda 21. I é que, ou estamos co postulado na Carta de Aalborg, ou non estamos. Si é así, que non nos falen de medio ambiente, que non mintan.
O tema Ence aparece de novo, ¡cómo non!, agora que estamos en campaña, porque hai que “vender”: que si se podería estar a considerar unha renovación da concesión por outros trinta anos; que non vai haber prórroga i están a falaren coa empresa do seu posible traslado. Ó persoal sónalle a farol o dito polo Conselleiro. Pero a sentencia de “delito ecolóxico continuado”, ¿non debería implica-la interrupción da concesión e a restauración do solar ó seu estado natural, a recuperación da “memoria histórica”, a reconquista das marismas polo mar? Os que queiran traballar na redacción da Axenda 21 Local deben ter en conta estos particulares, como tamén o de prantexar a medio prazo a reubicación da depuradora e outro tipo de saneamento no rural, máis práctico, que non o de poñeren máis e máis tubos. Esa práctica non vai en defensa do medio ambiente natural. Pero aquí tragamos moitos sapos, como por exemplo o de Gonvarri, cerrada por “delito ecolóxico continuado”, en Barcelona, que agora está aquí, no porto, porque presuntamente non a quixeron en Vigo.
E consideremos un comentario da prensa do 1.12, en relación co accidente de Brenntag, en Caldas, en Setembro do 2006. Desta volta foi un eurodiputado do PP, Daniel Varela, o que formulou á Comisión de Medio Ambiente Europea a pergunta de si o Estado español informara do acontecido. A resposta do comisario europeo foi que “non” e que, transcurrido máis dun ano e a pesar dun “recordatorio” remitido, seguían sen resposta. Van emprender acciós contra España pra asegura-lo comprimento da lexislación comunitaria de medio ambiente. Xa o 31.5 pasado, o comisario Stravos Dimas informaba que estaban seguindo o caso con gran atención. Aínda agarda a explicación de cómo a auga da extinción do lume “puido chegar ó río e contaminalo”. O proceso contra España vai dar comezo. O tema da EDAR d´Os Praceres tamén precisa da atención de Europa. Porque hai tema e grave. Como pra unha novela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario