Desertizada a Terra, en Bali queren agasallar con sementes, ó mellor as que lle quedan á árbore deste icono concebida como a última do Planeta polo autor. Xesús López.
Pontevedra, 10.12.2007
Traballo semanal, remitido ó Diario de Pontevedra e ó Xornal.com. O malo do tema é que son poucos os gobernos con conciencia ecoloxista. Cando se acaba de produci-lo noticia de que o noso país está antre os máis corruptos de Europa, a esperanza parece vai ter pouco recorrido no noso entorno. Nun país no que os políticos son uns trágalas e que cada pouco e por "dignifica-la profesión política" se están a sobi-la soldada obscenamente, é moita a xente que entende que a valoración en materia de corrupción que aínda onte se fixo pública é corta. Non conozo a nadie que fose consultado sobre a súa opinión e sei de historias de presuntas mordidas. Pero eso non abonda. É necesario outra arela rexeneracionista. Que percibamos máis corrupción no último ano do Goberno de Zapatero é algo no que tamén se opina non hai remedio fácil e que a corrupción vai ir a máis. Tamén aquí. Pero o traballo vai de cambio climático, do exame de conciencia que algús sabios deben estar a faceren en Bali, necesitado como está o home de redescobri-las súas raíces na Terra.
Exame de conciencia planetaria,[10.12.2007]
por Xesús López Fernández
Estamos nun tempo de esperanza, no tempo do Advento. O lema de “¡Convertídevos!” vai con todos nós, xa dende as lecturas propostas na liturxia católica do 9.12, xa dende posturas agnósticas. A nosa relación co próximo, a nosa relación coa Terra, ten que mudar radicalmente porque, anque divididos en multitude de etnias somos realmente unha soa familia. Eso é algo que hai que comprender visceralmente máis alá de certos credos políticos pero, alén do poder, ¿cómo pode a sociedade darlle a volta ó despotismo imperante que afoga a nosa libertade?. Algo de crítica lle pode tocar dende a mensaxe evanxélica do segundo Domingo do Advento, que fai relato de cómo Xohán o Bautista anunciaba a chegada de Xesús, ó tempo que bautizada con auga. E alí achegábanse tamén saduceos e fariseos, pero o Precursor conocíaos ben e definíaos como raza de víboras. ¿Qué facían alí os impuros?. E vemos que na Política hai moita xente que non debía estar, que polo menos non debería resultar difícil ós cidadáns botala fóra do sistema, salvo que retomémo-la frase de Murray Rothbard que di que o Estado non existe; que é simplemente un grupo de poder que dou en chamarse así, e así gobernan, lexislan, condenan.
Unha cousa é administra-la Terra en harmonía coas claves da Natureza; outra dominala, colonizala, exterminar incluso etnias como ben sabemos ten acontecido. Tal como o home está a actuar nestos momentos; tendo en conta a gran capacidade de agresión existente nalgús casos, o Planeta atópase nunha situación crítica. O cambio climático é algo xa admitido pola maioría dos foros, aínda que a algús non lles agrade a campaña de concienciación de Al Gore, que non é dagora. E a Onu está reunida en Bali, unha illa de Indonesia, na Convención Mundial das Naciós Unidas do Cambio Climático pra examina-la situación creada, ver de establecer acordos e fixar novos obxetivos, máis estrictos que o Protocolo de Kyoto. E son máis de 180 gobernos os que están a participaren na Conferencia, algús representantes certamente comprometidos. Así, o ministro indonesio Rachman Witoelar di que as condiciós parecen idóneas pra acadaren un acordo i establecer un futuro réxime climático.
Semáas antes da Convención de Bali, o Panel Intergubernamental do Cambio Climático advertía en Valencia que os cambios dos sistemas climáticos serían desencadeantes dunha maior miseria, epidemias, secas, inundaciós e violentas tempestades, e que perto dun tercio das especies dos reinos animal e vexetal poderían desaparecer. É de suliñar que a Convención recibeu un importante impulso cando o primeiro ministro australián, Kevin Rudd, afirmou ter ratificado o Protocolo de Kyoto tras asumi-lo cargo, ese mesmo día, o que deixa ós Estados Unidos como única potencia industrial sen ratifica-lo Tratado (1997), destinado a mingoa-las emisiós de gases de efecto invernadeiro no periodo 2008-2012.
Varias iniciativas están en marcha pra ver de acadar unha maior mentalización. Así, Indonesia, no canto de “souvenirs” da Convención, vai regalar sementes. Tamén alertan prá salvación da Amazonia, que podería desaparecer no 2030. E así faise a pergunta de: “Amazonia, refrixerador ou forno do planeta?”. Algús países presentan iniciativas propias e dende Chile, ó tempo que agardan proiectos de desenvolvemento certo, convocan a tódo-los cidadáns do mundo pra participaren no melloramento do clima. Optimistas, cando moitas acciós contra-natura son consecuencia de consignas emanadas do poder. Mentres o xefe da ONU indica como duro o obxetivo de acadar un novo acordo medioambiental, EEUU diríase que están, cada día, máis aillados na Convención. Eso pode ter un valor certo, pero malo se as iniciativas populares non abaten “ás serpes que aniñan nos centros de decisión”, que lastran a conciencia planetaria ó seguiren impoñendo a súa folla de ruta demencial. Pero confiemos que en Bali, os alí presentes, poidan tomar decisiós sabias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario