viernes, 14 de diciembre de 2007

EVITA-LA TIRANÍA [19.02.1999]

A falta de novas movilizaciós ten que ser a man individual a que caricaturice a "tiranía" feita urbanismo de barraca do equipo de goberno local. No entorno do Museo, as obras duran xa máis de un ano e tres meses. O terreo sigue minado. Fotografía do autor.

Pontevedra, 14.12.2007

O tempo axuda a ve-las cousas con outra óptica. Se o goberno de Pedrosa puido ter o seu aquel de "tiranía", co perda do goberno local polo PP as cousas non foron a mellor e hoxe poderiamos decir que Pedrosa foi mellor xestor que Lores e que nestos momentos estamos a sofrir un maior grado de tiranía. O traballo que sigue sirve pra ve-lo grado de crispación que daquel estamos a respirar tamén, menos crispación que desta volta. Pero algunhas das asociaciós están como "dormidas", talvez subvencionadas e cantan agora "outra cantiga".


EVITA-LA TIRANÍA (19.02.99),
por Xesús López Fernández

A plataforma do 5-J celebrou nova reunión o 18 de febreiro coa conclusión xa sabida de que, de momento, queda aprazada a convocatoria dunha nova manifestación. Estiven de oínte en gran parte do debate, ó que cheguei cando César Mosquera argumentaba sobre as causas que agora se están a dar, distintas das do 5-J. Dixo que a situación non é hoxe peor e quezais non fora oportuno convoca-la manifestación. Fixo a promesa formal de, caso de o Bloque chegar ó poder, potencia-la Plataforma como foro de debate permanente. Chamoume a atención a insistencia en que unha das razós pra non convocaren a manifestación radicaba na falta do necesario consenso.

Discrepancia natural por parte dos representantes de diversos colectivos que sí estimaron se están da-las circunstancias precisas como pra acadar un éxito total no caso de procederen a unha nova convocatoria. Aínda que acodise menos xente, 5.000, 10.000 persoas, o chamamento sería igualmente bó, chegouse afirmar. E, despois de diversos intercambios de opiniós, decantáronse os presentes pola votación. Nove síes, catro nons; oito síes, cinco nons. Votación con indefinición, propuxo un grupo que a manifestación tería que ser contra o PP, o que non parecía ter moito sentido. E así o dixen, a título puramente persoal, porque como residente na zona vella, como integrante na Asociación “Cidade Vella”, como familiar de comerciantes, como cidadán de Pontevedrae, entendo que a situación de deterioro que estamos a vivir é cada vez máis preocupante e precisa da nosa protesta conxunta.

Dende que Pontevedra escomezou a perde-lo mar ata o día de hoxe, o goberno local estivo carente de ideas pra recupera-la natureza. Cada novo alcalde despois de D. Prudencio Landín asumeu os erros cometidos polos anteriores e acentuou aínda máis a desfeita urbanística da nosa cidade e mai-lo seu entorno. A zona vella é agora case un gueto, diminúe o número de residentes, o comercio morre e as obras actualmente en marcha teñen un certo feitío de lousa mortuoria, porque van conseguir privala aínda máis de servicios, de vida. Como se fora un xoguete roto, o Concello sIgue a autorizar novos “pubs”, pra lle daren corda á noite e entolecer aínda máis ós que non temos a posibilidade de marchar e que considerámo-las nosas propiedades cada vez máis devaluadas.

É decir, non se goberna, e o problema actual de Pontevedra chámase Pedrosa, unha certa forma de tiranía, como as dos seus precursores inmediatos. Por eso propuxen na reunión do 18.2 que máis que manifestarse contra o PP, habería que se manifestar contra unha certa forma de gobernar. E o democrático, na referida reunión, tería sido acata-lo “sí” maioritario, porque pretedende-lo consenso é case unha utopía, salvo que o mesmo fora inducido pensando no exercicio de veto que calquer colectivo, así visto, pode exercitar votando simplemente “non”. E non se entende que nengún partido con vocación de acollida á protesta social que se está a dar na nosa cidade tente evita-la convocatoria, salvo que queiran, simplemente, cambiar de nome ó problema, relevar a Pedrosa pra que todo permaneza igual, os poderes fácticos tecendo, ordeando o noso esmorecemento sen retorno, tiránicamente. Coido que a manifestación é necesaria, determinante dunha nova xeira.

No hay comentarios: