viernes, 7 de diciembre de 2007

O DIBUXO DA TRAICIÓN Á RÍA [7.12.2007]

Versión d´O Brado, de Edvard Münch, que parece casar coa idea de certos señores en relación coa ría de Pontevedra. Ai, esa pasarela, no seu día denunciada polo BNG, que agora queren alongar en vez de asumi-los deberes marcados pola Axenda21Local, de pensar na recuperación do capital natural.

A pasarela do terror. [Lean neste blog, "O brado"].

O dibuxo da traición á ría, [7.12.2007]
por Xesús López Fernández.

Témonos referido non poucas veces á posibilidade da existencia de tramas en relación co espacio de Lourizán, dominio público marítimo terrestre, e do que deberían ter desaparecido xa as actividades industriales alí acobilladas, con concesión presuntamente caducada. Teñamos presente que aquel espacio foi definido hai algús meses polo ministerio de Medio Ambiente como "inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación". Pero a Lores e a Mosquera, que se creen os árbitros da democracia e da Lei nesta cidade xa perdida pola súa actuación urbanística, parece importarlles un pemento a recuperación daquel espacio, algo que agora sería posible estudiar coa Axenda21Local, ó tempo que están en marcha os estudios previos do PXOM.

Desta volta, os que xa quixeron convertir en solar o espacio calificado como dominio público marítimo terrestre queren unir Marín e Pontevedra por unha pasarela, sobre a ría, pola banda da autovía. É decir, non están a pensaren na recuperación do espacio, senón en consolida-la agresión, como xa fixeron cos traballos na construcción da depuradora d´Os Praceres, ilegal como xa temos comentado en diversos traballos; delincuentes, as tres Administraciós, con esa obra que non podemos consenti-los pontevedreses de nación ou de adoución.

Polo pronto, os dous paxaros pensan tratar do tema co ministerio de Fomento, non caracterizado pola súa sensibilidade e culpable tamén da instalación do ferrocarril sancionado como ilegal, no tramo d´Os Praceres, polo Tribunal Supremo do Estado. Pero estos políticos van buscándolle as voltas, a definición do solar, como xa quedou evidente cando lles faltou tempo ós seus voceiros de Santiago pra propoñeren o traslado de Ence ó polígono de Barro-Meis. [Léase o traballo "¡Claro que había trama!. Aforramos palabras.]

Pois sí, estos dous políticos locales, causantes do gran destrozo da capital queren agora, según palabras de La Voz de Galicia, buscaren aliados en Madrid pra unir Marín cunha pasarela. E pra eso van falare o mércores, na capital, co secretario de infraestructuras. E falan dun vello soño de ámba-las vilas, cando ese soño, sí, existía, pero en relación coa vella estrada de Pontevedra-Marín, a que tiña servicio de tranvía.

A traición parece, xa que logo, meditada por estos políticos desalmados, que queren que pensemos que son ecoloxistas, pero que cos seus actos demostran o contrario.

Esto ha ter máis capítulos. Seguro. Pero é Pontevedra a que morre, tal como se conta en iberica2000.org. Ó pe da fotografía cítase un traballo recollido neste blog, "O Brado", en relación co cadro roubado, de Münch. Un home, con cara de espanto, fuxe. Ó fondo camiñan dúas persoas, cara ó presumible holocausto, que nesta hora poden ser Lores e Mosquera, deseñadores de desastres.

No hay comentarios: