Algo así podían se-los fondos das rías de Vigo e Pontevedra. Dibuxo de Xesús López.
1. Prostitución dos políticos magdalenienses.-
De prostitución falaba hai uns días Ignacio Chamorro no ABC, en relación coa baixada de pantalós de Zapatero ante os vascos e as xentes do BNG, por teren apoiado á ministra Magdalena Álvarez, de cuia xestión non sae beneficiado, necesariamente, o noso país. E nese punto radica a prostitución: na contraprestación millonaria en euros obtida por Quintana, a cambio de non defender a Galicia. Os vascos aínda saíron mellorados, que van ter un banco nacional pensado parece que pra esa nova demarcación territorial de España que Zapatero pode estar matinando..
O término "magdaleniense", en relación coa ministra, foi creación de Moralejo, pero parece axustado á situación de prostitución política denunciada por Ignacio Chamorro.
Quintana, co seu "Galiza" a costas [xa parece o Z de ZP], xa veredes como, a imitación de Fraga, vai invertir cartos a mansalva, e ó mellor non lle chegan, na organización de romerías pra vellos e vellas, con vistas a fideliza-lo seu voto.
Pero esqueceron os seus deberes en Mugardos, en Pontevedra, ou en relación co Plan Sectorial de Prantas de Tecnoloxía Alimentaria, das piscifactorías. E o Plan de López Veiga non foi aínda abolido por estos demócratas de novo carimbo, que están a propoñeren un novo como modificación do que recibiron, que ó parecer lle queimaba as mans. Pero siguen emperrenchados por se cargaren non poucos espacios da Rede Natura.
2.- Saneamento das rías.-
A cuestión do saneamento das rías sigue estando máis nos discursos e declaraciós políticas que na realidade. Así, este pasado xoves, o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia visitou Bruselas. E dalí trouxo a noticia ou presentimento de que o expediente europeo en relación coa ría de Vigo seguramente sería deixado sen efecto, provisionalmente, como consecuencia das promesas de inversión da Xunta pra mellora-la situación da ría de Vigo.
Acertou o conselleiro de Medio Ambiente. Europa tragou, ou fai como se tragase porque din que a solución á degradación producida na ría de Vigo vai ter un novo prazo, o 2011, e que non han deixar de controla-lo asunto.
A cuestión de fondo é que nadie cree que se estean a faceren as cousas ben, como xa temos dito neste blog, e que a esperanza na nova depuradora de Coruxo, en emprazamento ilegal como a actual, non vai resolve-lo problema. Poderiamos decir, incluso, que si Europa asume o seu papel de controlador-sancionador, o caos co que se van encontrar no 2011 pode ser peor que o actual.
En relación coa ría de Pontevedra, mentres as areas noutrora ricas en ameixas e croques non recuperen aquela riqueza, seguiremos a contar mentiras: as mentiras de Lores e de Patxi Vázquez, apoiados por Carmen Gallego, porque a depuradora d´Os Praceres, aínda con fase terciaria, non deixaría de ser ilegal. E resulta necio, propio de políticos magdalenienses, decir que non se pode coller ameixa porque o areal ten calificación "C". ¿Por culpa de quén?. Dos que non fixeron os deberes. Nestas circunstancias, decir que o saneamento integral da ría de Pontevedra non vai estar listo ata dentro de máis dun decenio só se pode consentir se asumímo-lo papel de parvaxolos que nos teñen asignado.
RETRINCOS POLÍTICOS [12.12.2007],
por Xesús López Fernández.

No hay comentarios:
Publicar un comentario