Tubo emisario ilegal polo que van ó fondo os residuos de Ence i Elnosa, ademáis da zorollada da cidade. Así se mata unha ría. Fecales, dioxinas, endrín (2004). Dibuxo do Xesús López.
Pontevedra, 27.12.2007
A ameaza do cloro permanece sobre Pontevedra. Falta de color no Concello, incapaces de xudicializa-lo asunto i embestir contra Elnosa. Falta xente honesta na política. E lembremos que a denuncia contra Ence-Elnosa parteu dun particular, o meu amigo Arturo Estévez Rodríguez, que unha mañá descobreu que estaban queimáda-las follas das súas maceiras. Unha vez determinada a causa, un escape de cloro, a súa denuncia no Xuzgado de Guarda sirveu pra que o Fiscal Gago Sevilla iniciara de oficio o que acabaría nun sumario de miles de folios e cunha sentencia de vergonza, xa comentada no blog ou en iberica2000.org. O artículo conserva a súa validez informativa a día d´hoxe.
A ameaza do cloro permanece sobre Pontevedra. Falta de color no Concello, incapaces de xudicializa-lo asunto i embestir contra Elnosa. Falta xente honesta na política. E lembremos que a denuncia contra Ence-Elnosa parteu dun particular, o meu amigo Arturo Estévez Rodríguez, que unha mañá descobreu que estaban queimáda-las follas das súas maceiras. Unha vez determinada a causa, un escape de cloro, a súa denuncia no Xuzgado de Guarda sirveu pra que o Fiscal Gago Sevilla iniciara de oficio o que acabaría nun sumario de miles de folios e cunha sentencia de vergonza, xa comentada no blog ou en iberica2000.org. O artículo conserva a súa validez informativa a día d´hoxe.
NON Ó CLORO [4.9.99],
por Xesús López Fernández
Ou, se se prefire, non ó cloro mortal conforme ó chamamento de tantas e tantas asociaciós ecoloxistas do mundo enteiro. E o mal radica no cloro como tamén en moitos dos seus derivados, ata o punto de que, cada ano, según a Organización Mundial da Saúde, prodúcense de 30.000 a 40.000 mortes por intoxicación de plaguicidas, organoclorados e organofosforados en grande parte e medio millón de persoas sofren envenenamento por inxestión ou inhalación. Hai que ter en conta que son máis de 11.000 os compostos organoclorados existentes, dos que forman parte as dioxinas e que foi un escape dunha cantidade estimada antre 34 e 126 quilos da pranta de Hoffman La Roche o que causou, no 1976, o desastre de Seveso, e que os efectos tóxicos do axente laranxa usado no Vietnam persisten e siguen matando 19 anos despois de se ter rematado a guerra.
A química do cloro é causa de moitos problemas de índole ambiental. Gases como os CFCs que destrúen a capa de ozono ou pesticidas como o DDT e outros que, por seren persistentes e transmitírense pola cadea alimentaria, producen un dano dificilmente mesurable e, nalgús casos, poden permanecer no medio ambiente centos e centos de anos. E, naturalmente, dende distintos foros científicos estase a propoñer un futuro sen cloro e sen P.V.C., argumentando que o grave do uso deste material está en que absorbe o 35 por cen do cloro producido en Europa, que constitúe na práctica un sumidoiro pra os excedentes de cloro. O P.V.C. non é biodegradable, non se recicla e contén moitos aditivos tóxicos.
O D.D.T. foi prohibido no seu día, se ben hai países que o continúan fabricando. E o lindano, que conviveu co D.D.T. e tomou o seu relevo como plaguicida e sería usado en shampoos, como desparasitador, revelaríase igualmente peligroso e, prohibido nunha serie de países (Finlandia, Noruega, Alemania, Estados Unidos, Xapón, Portugal, Paises Baixos, e un longo etcétera), está restrinxido noutros. Prohibido en Suecia dende o 1988 por razós de saúde (cáncer) e de tipo ambiental (inaceptable por persistente), síguese comercializando en España a pesar das herencias deixadas en Vizcaia e Huesca, estimadas en 185.000 toneladas de residuos. E agora, despois de ralentiza-la noticia, sábese que os subproductos do lindano que fabricaba Zeltia, no Porriño, foron usados na pavimentación de pistas ou estrados por distintos lugares de Porriño e Mos, onde se estima podería haber antre 7.000 e 10.000 toneladas de terras contaminadas. Grave problema, pois.
Hoxe, anque lle pese a certas formaciós sindicalistas, sábese que hai que abandona-lo cloro. En tal sentido interesa traer aquí unha declaración do Consello Alemán de Expertos no tema ambiental, ano 1990: “o crecemento da química do cloro nos anos cincoenta e sesenta representa un erro decisivo no desenvolvemento industrial do século XX, que non se tería producido de ter daquela os conocementos adquiridos sobre danos no medio ambiente e riesgos sobre a saúde causados pola industria do cloro”. O tema non se agota e haberá que volver sobre el porque o peligro témolo na casa e os avisos poden vir incluso no futuro. Decir, se acaso, que Amsterdam, París, Berlín e Munich xa non usan cloro pra potabilizaren a súa auga da traída.
No hay comentarios:
Publicar un comentario