TAMBO, DE NOVO [31.12.2007]
Arriba. Lourizán, antes de convertilo en enclave colonialista de industrias de vertedeiro; Abaixo, o que os homes fixeron de Lourizán, os mesmos que non queren que Tambo se integre no parque das Illas Atlánticas, porque terían que se poñer do lado da Lei. Actúan como actúan porque creen ter bula pra acabaren co planeta. O artículo que sigue é a última das colaboraciós do autor neste 2007 en diversos medios, pero se pode índa ha introducir algún comentario ó longo do día, que acaba de comezar, xa que son agora as 0,30AM. O dibuxo é do autor, Xesús López Fernández.
Tambo, de novo [31.12.2007]. por Xesús López Fernández
Cando aínda está pendente de ser traspasado á Xunta o paque das Illas Atlánticas, podería sé-lo momento de reconsidera-la integración no mesmo da illa de Tambo. Pero non se vai facer, aínda que en certa ocasión fora xai comentada a tal posibilidade polo conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Unha promesa electoral cando parece que podemos estar a entrare nun novo periodo [ecolóxicamente] negro. Pero insisto en que éste pode sé-lo momento se realmente existe unha vontade política certa de recupera-lo litoral natural, as lindes marcadas polas mareas, algo que habería que demandar a partir da Axenda21Local, xa citada nestas colaboraciós, que parece queren deixar aparcada como se deduce por algús dos novos proiectos viarios, especialmente o nudo de nova conformación de Mollavao ou a prolongación da pasarela pola autovía. Falso ecoloxismo. E deberase ter en conta que todo o espacio definido como marismas de Lourizán é mar, temporalmente ocupado. Se acaso, temporalmente pode valer como senda o trazado do tren a Marín.
Que Tambo estea rodeada de contaminación, que se queira incluso aumenta-la presión sobre ese espacio coa demencial idea de proseguiren con recheos pra xerar chan industrial ó tempo que se acaba con Marín como porto pesqueiro; que se queiran ubicar aí industrias que nada teñan que ver coa mar é algo contra o que debemos combatir, como levan feito as xentes d´Os Praceres, e demanda-la restauración do litoral; evitar tamén que sobre as marismas de Lourizán planeen intereses urbanísticos, porque neste momento non hai político que fale con claridade sobre o plan de rexeneración daquel espacio con motivo da cancelación, finalización ou non existencia de concesiós. Non estamos fantaseando, que de construir aí xa se falou, pra coas conseguintes plusvalías financia-lo traslado de Ence a Barro-Meis. Outra proposta demencial. Pero coa illa de Cortegada integrada no parque, non se entende que Tambo e no futuro as marismas de Lourizán, non poidan ter cabida no mesmo.
¿Por qué non? Din que vai ser unha área protexida aínda que non-a cheguen incorporar ó parque nacional marítimo-terrestre Illas Atlánticas. Nada, que a Consellería vaise decantar pola figura de “parque natural ou lugar de interese”, porque afirman que hai dificultades dabondo pró seu encaixe, porque as posibles ampliaciós de parques están reguladas por leis e determinadas por conceptos como o da continuidade do espacio e a existencia de valores ecolóxicos moi específicos, que no caso de Tambo din que non están claros. O tema foi xa estudiado e desestimado porque os técnicos e lexisladores non viron motivos pra asumila no parque e que esa falta de motivos persiste no tempo. Un pode pensar que si persisten as circunstancias é por cortedade política, porque a consellería de Medio Ambiente suspende precisamente a súa asignatura, e o Ministerio tamén, se ben non debemos esquecer algo reiterado en diversas ocasiós, tamén polo propio Ministerio: que o dominio público marítimo terrestre de Lourizán é inalienable, inembargable, imprescriptible e insusceptible de desafectación.
Deixo dito esto porque Lourizán e Tambo están claramente relacionados; que a contaminación da illa veuse potenciada co tendido do emisario que parte da depuradora d´Os Praceres, algo no que poderían delinqui-las tres Administraciós por sé-la súa instalación ilegal según a Lei de Costas e o Raminp, sobre o que existe, ademáis, unha declaración da Delegación Provincial de Costas do Estado. Eso é así, pero aínda estando degradados ambos espacios, todo é recuperable. Tamén sería preciso un gran esforzo noutros hábitats da ría prá súa verdadeira rexeneración, algo facedeiro, ó tempo que se pon en marcha o estudio do PXOM. Tambo debe integrarse no parque. Se non se fai será por abandono dos deberes, da Lei, por impudicia urbanística. ¿Por qué será que ós políticos lles agrada suspender en Medio Ambiente?
No hay comentarios:
Publicar un comentario