lunes, 17 de diciembre de 2007

ENCE, A RÍA ....[30.07.1999]

En Vigo existe unha protesta social máis viva que en Pontevedra, por exemplo en relación coa depuradora, situada no caso vigués na xunqueira do Lagares. Téñase presente, non obstante, que esa depuradora, como a d´Os Praceres que apoia Fdez. Lores, están denunciadas xudicialmente por SALVEMOS PONTEVEDRA.

Pontevedra, 17.12.2007.

Poucos traballos han quedar por recuperar da "bulsa" do 1999. Este d´hoxe corresponde a un momento no que a Fdez. Lores se lle podía reconocer unha certa credibilidade. Agora xa non. A esquizofrenia está tamén esnquistada na Administración local, que xa non goza de créto en materia urbanística e ambiental. Os gobernantes creen que sí, pero acaelles como unha luva a definición que deles acaba de facer Manuel Molares do Val [cuaderno do D. de Pontevedra, 16.12.2007]. "Os nacionalistas son uns ignorantes que pensan que dende a súa aldea poden goberna-lo mundo..". O peligro maior pode estar no que o autor sinala, que lles gosta andar en manada, sobre todo cando esa manada, digo eu, se converte en tribu estalinista. Con eles, de certo, non vai desaparecer Ence, nen tampouco se vai recupera-la xunqueira d´Alba. Ou as marismas de Lourizán, na que algús queren ver un solar. Algo así dixeron estos por medio do "gurú" que teñen á fronte da consellería de Industria.

ENCE, A RÍA... [30.07.1999] por Xesús López Fernández


Fernández Lores levaba no seu programa a cuestión do inmediato cerre de Elnosa e a dun posible pacto social pró traslado da fábrica de celulosas. E o home está a se mover sen perda de tempo, a manter conversas con diversas instancias pra ver de senta-las bases da rotura coa actitude esquizofrénica da Administración que, se ben lexisla como pra posibilita-lo cerre dun complexo ilegal como o de Lourizán, por outra banda delinque ó ser ela mesma a propietaria das empresas contaminantes e fai caso omiso da Constitución, do R.A.M.I.N.P., do ano 1961, das directrices da Comunidade Económica Europea, de obrigatorio cumprimento, da Lei do 22.12.72 sobre protección do Ambiente Atmosférico, da Lei do 12.11.75 sobre residuos sólidos, do Decreto do 6.11.75 sobre índices de contaminación, etc...

Un longo etcétera, como pra consegui-lo cerre do complexo en menos de tres meses a pouco que un equipo de avogados traballasen no asunto. E ó mellor hai que dar algúns pasos nesa dirección, concita-la presencia aquí de expertos da Unión Europea, mostrarlles a situación de arraso medioambiental dunha ría de augas sensibles partindo dunha memoria da serie de ilegalidales cometidas mesmo con conocemento oficial. E resulta esclarecedor a este respecto un informe da Presidencia do Goberno do 1977 que fai referencia á perda de mercurio, ó foco de contaminación permanente que se vai estrando por unha zona máis ou menos amplia, ós estudios realizados polo Instituto Español de Oceanografía e ó feito de que, efectivamente, os moluscos están contaminados. E Fernández Lores acordarase agora das súas perguntas a Rivas Fontán o 4.11.87, sen resposta. Déixoas por hoxe. Se acaso outro día... 

Cando fago este traballo acabo de enterarme do interese de Taboada en falar con Fernández Lores sobre o pacto social proposto polo alcalde. É bó que falen. E que inviten tamén a Abeledo. E propóñolles unha cousa: que antes de escomeza-las conversas de xeito formal fagan unha viaxe no submariño que se acaba de botar en Marín. Que vexan cómo están os fondos da ría, a gran balsa de decantación do complexo de Lourizán e que pensen se eso se resolve con bandeiras de color azul ou coa privatización de ENCE. Ou con certificados de calidade ambiental mentres o complexo segue comprometendo o caudal do Lérez, malcheira e contamina a atmósfera, os ruídos, o posible escape de cloro, asesina a ría cada día un pouco máis. Nesa primeira viaxe podería tamén participar unha representación dos diversos sindicatos pra ver si, dunha vez por todas, comprenden que o complexo de Lourizán nunca dou beneficios.

Porque é moi fácil falar de beneficios se a contaminación non leva coste. I ese coste existe, está claro, pero as perdas as contabilizan outras empresas: as relacionadas coa mar ou co turismo, a ría e mai-lo río, unha poboación de cen mil persoas sumidas na miseria medioambiental, etc. Así vistas as cousas, o complexo dentro do contexto citado, ENCE hai tempo que está quebrada e permanece en Lourizán por ser ela mesma a Administración. Esquizofrenia pura e dura. ¿Por qué non converten ós seus empregados en funcionarios? Todo se resolvería así, sen tensiós, como quere Fernández Lores. Hai tamén outra posibilidade: que actúe aquí o Estado de Dereito como xa o ten feito en Cataluña en cuestiós de contaminación de acuíferos. ¿Será moito pedir?.

No hay comentarios: