lunes, 24 de diciembre de 2007

OS SANTOS INOCENTES [24.12.2007]

Os Magos non informaron a Herodes de ónde podería atopar ó Neno-Rei, o descendente de David. Daí a matanza por el disposta de tódo-los nenos de menos de dous anos nados en Belén. Coa axuda da lexislación abortista dos diversos países, o número dos novos inocentes asesinados pode ser superior ó das estrelas. Fotografía do autor.

Un "nacemento" ó aire libre, en Pontevedra, 2006. Foto do autor do seguinte traballo, aparecido hoxe no Diario de Pontevedra e no Xornal.com.


Os santos inocentes [24.12.2007],
por Xesús López Fernández

Cando Xesús naceu reinaba Herodes O Grande, unha especie de monstruo que non era hebreo, nen grago, nen román. Era un idumeo, un bárbaro, que se arrastraba polo chan ante Roma, do que non imos facer historia máis alá de cita-la súa impronta de home traidor á par que asustadizo que, como di Papini, acollonábase polo simple movemento dunha folla ou o tremor dunha sombra. Cobizoso de ouro e de gloria, nunca disfrutou de paz. Supersticioso ata o delirio, creente en vaticinios, axiña se veu desazourido cando soubo dos tres que viñan de Caldea, guiados por unha estrela. Cando se enterou polos Magos de que tiña nacido o rei de Xudea, o seu corazón sobresaltouse; e máis cando os astrólogos non regresaron pra lle comunica-lo sitio onde localizar ó novo descendente de David. Como el tíñase apoderado do territorio por medio de fraude, temeroso de perde-lo trono, ordeou a morte de tódo-los nenos pequenos de Belén, pasados a coitelo, dos que non se sabe o número. Sí que aquela matanza foi a súa última fazaña. E morrería pouco despois, afectado por diversas enfermedades, co corpo en descomposición antes incluso da hora final.

Un, na distancia, pode dubidar da cruda realidade histórica. Pero a noticia recente de que en Barcelona i en Madrid funcionaban matadeiros de nenos non natos é demasiado evidente como pra ser desmentida. I estímase que foron eliminadas toneladas de restos de fetos previamente triturados, que acabaron nas cloacas ou na vasura. A verdade aflorou despois de tres anos rebuscando nos cubos de restos das clínicas abortistas. ¿Qué se pode sentir cando, froito da constante pescuda, un día atópase a cabeza dun neno, unha man, unha perna…, de bebés que se estima serían viables na maioría dos casos? E alén dos abortos que poderían caber dentro da “Lei de prazos” que algús propoñen, están os daqueles nenos e nenas que, ó supera-la embarazada os seis meses de xestación, foron eliminados despois de provoca-lo necesario parto: decapitados, mortos por medio dunha lanceta espetada no corazón…Ou aganados, según a preferencia do operador. 

Julián Marías publicou o 10.04.1994, no ABC, un artículo agora reeditado polo mesmo medio: "La cuestión del aborto", no que o home denunciaba a aceptación social do mesmo, sen excepción, como o feito máis grave que tiña acontecido no século XX. O home analiza o problema e insiste na falsedade que significa a afirmación de que o feto é unha parte do corpo da nai. Non, está “aloxado” nela, imprantado nela e non meramente no seu corpo. Por eso, según o autor, unha muller dí “estou embarazada” ou “vou ter un neno”; non dí “teño un tumor”. E o neno non nado é unha realidade que ven, que chegará se non o paramos, se non o matamos no camiño, afirma Julián Marías. E que si o feto non é un individuo porque non ten vida persoal, o mesmo poderiase decir dos bebés en xeral ou do home durante o soño profundo, a anestesia, a arterioesclerosis avanzada, a extrema senilidade, ou coma, que Julián Marías cita.


Xa sen abandona-la argumentación do autor e tendo en conta o que se quer decir cando hipócritamente se fala de “interrupción do embarazo”, os partidarios da eutanasia ou da pena de morte, por forca ou garrote vil, poderían falar tamén de “interrupción da respiración”. Como tamén, cando se quer xustifica-lo aborto porque a criatura presenta certas malformaciós, estáse a abri-la xustificación á eutanasia, porque unha pesoa adulta anormal “non debería vivir” na medida en que esa condición non é probable, é real. Por coherencia, os partidarios do aborto nesas circunstancias deberían defende-la eutanasia. O autor nos remite á evidencia de que poucas veces se fala do pai. Fálase, sí, da muller obxeto ou da femia embarazada, e agora pénsase no neno-tumor, que se pode eliminar, que a muller non ten por qué aturar un crecemento intruso ó que hai que privar de ser persoa. Así se acepta o aborto, a monstruosidade do exterminio dos novos inocentes.

No hay comentarios: