Mosquera e Lores, na xuntanza con representantes de Fomento, o 12.12.2007, pra ver de acadar máis prebendas, antre outras a súa colaboración pra se carga-la ría coa actuación matinada sobre a autovía de Marín que debería desaparecer no 2018, ou antes. Asignatura pendente do goberno local, que non dá máis de sí. [Foto do Faro de Vigo, 12.12.2007]
A loita contra o cambio climático tería de producirse tamén en Pontevedra, contra as mentiras de Lores e Mosquera, os "gurús ecoloxistas" do BNG na capital da provincia. Foto de Diario Público.
Pontevedra, 13.12.2007
Sigo recuperando traballos que conservan a súa actualidade. No ano 1999 foi cando se produceu o cambio de goberno local. I eu son dos convencidos de levamos máis de oito anos de política necia, de mentira permanente, dunha estulticia social enlarafuzada coas trolas do equipo gobernante. Pontevedra xa non é modelo de nada. Estos políticos dagora, os da mellor profesión do mundo, acabaron cos posibles modelos que quedan apuntados no artículo: cidade administrativa, dinamitaron a posibilidade de inserir nela un verdadeiro campus universitario, como cidade de servicios entenderon que abondaba con incrementa-lo número de camareiros mileuristas. En canto á posible recuperación ecolóxica da ría, o equipo de goberno parece arrixado na idea de convertir Lourizán en solar. Por certo, ¿a qué grupo queren favorecer?
Sigo recuperando traballos que conservan a súa actualidade. No ano 1999 foi cando se produceu o cambio de goberno local. I eu son dos convencidos de levamos máis de oito anos de política necia, de mentira permanente, dunha estulticia social enlarafuzada coas trolas do equipo gobernante. Pontevedra xa non é modelo de nada. Estos políticos dagora, os da mellor profesión do mundo, acabaron cos posibles modelos que quedan apuntados no artículo: cidade administrativa, dinamitaron a posibilidade de inserir nela un verdadeiro campus universitario, como cidade de servicios entenderon que abondaba con incrementa-lo número de camareiros mileuristas. En canto á posible recuperación ecolóxica da ría, o equipo de goberno parece arrixado na idea de convertir Lourizán en solar. Por certo, ¿a qué grupo queren favorecer?
INTERINIDADE POLÍTICA [3.02.1999], por Xesús López Fernández
Os partidos escomezaron xa a súa tamborada electoral. De momento predominan as descalificaciós en relación cos contrarios, uns porque tentan conservar un espacio que poden perder, outros porque queren acada-la oportunidade de ser máis goberno que oposición. Eu pediríalles a todos xogo limpio, ofertas honestas, nada que non asuman nas súas conciencias. Lembraríalles sobre todo unha condición común a todos eles: a de que os políticos son sempre interinos; é decir, que o seu traballo ten un carácter puramente temporal en función do mandato da sociedade. Si se me permite riza-lo rizo quizáis haxa que decir que son interinos en precario. Así de fácil.
A sociedade ten que montar tamén a súa tamborada, de forma cruda, exercita-lo contrapoder dende cantos puntos poida maxinar. E suscitar un profundo debate pode ser unha das formas, como acaban de propoñer dende a Plataforma do 5-J, cando aínda non está decidido se vai haber ou non nova manifestación. Os diversos modelos de cidade aquí posibles dende unha óptica pretérita, a cidade administrativa, a cidade universitaria, xa non son viables. A cidade industrial non se caracterizou pola imprantación de industrias compatibles coa riqueza natural que a nosa ría representaba e, si queremos ter un futuro certo como ría viva, como cidade turística, residencial e comercial, imponse de xeito ineludible o proposto por Modesto Barcia en relación co complexo de Lourizán –eu diría tamén de Tafisa—se queremos salva-lo noso futuro: o traslado das factorías, causas da degradación do noso medio ambiente, da desecación das nosas xunqueiras, que habería que incluir no plan de acción sobre zonas húmedas que se anuncia dende Medio Ambiente.
Eu, que lembro o que eran as nosas xunqueiras e teño memorizado-los nomes dunha serie de culpables, volverei sobre este asunto. Pero hoxe preocúpame, sobre todo, a posta en marcha da maquinaria electoral, a posibilidade de reiteración no engaño no que case sempre acaban as campañas, o fácil que resulta manipular a unha sociedade que non acaba de comprender que ten os políticos que merece e que, en todo momento, debe practicar un voto crítico, máis alá das ideoloxías. Que sóo así vai conseguir que os partidos veñan, se non con listas abertas, cunha oferta honesta. A sociedade debe clamar porque tóda-las promesas de carácter electoral sexan decentes e practicar, cando resulte procedente, o voto de castigo.
Despois do dito entenderase que son claramente pesimista, porque teríamos que facer demostración dunha reserva moral da que carecemos. E esto se apaga. O modelo de cidade administrativa acabará morrendo porque a Administración somos todos e, en certo sentido, un PC na casa pode supoñer unha conexión on-line cunha serie de instancias, unha minoración da presencia física da Administración. Se queremos salva-lo noso posible futuro como cidade comercial, residencial, de turismo e servicios, teremos que traballar a fondo. E votar a políticos intelixentes, a xentes que entendan o seu traballo como o exercicio dun mandato meramente interino, que comprendan a súa situación como algo puramente precario, sostible a base dun exercicio cotián de difícil honradez. Que nengún cidadán vaia á política pensando nos fondos reservados. A sociedade debe te-la última palabra. Nas urnas. Ou na rúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario