martes, 4 de diciembre de 2007

MORAR EN PONTEVEDRA [9.7.1999]

"Hai que botalos!" Eso pedían na pancarta dunha manifestación, a raiz do comezo do novo desastre urbanístico do entorno da Audiencia. O "Hai que botalos!", que a xente respondía con forza tronante "Fóra!", veuse xa reflexado na perda de tres concellales polo BNG, nas últimas elecciós. Fotografía do autor.

Bullanga máis que silencio é o que algús queren. Os residenes, ante as presiós recibidas, optan por marcharen. Dibuxo informático de Xesús López.

Pontevedra, 4.12.2007

O traballo desta volta pendurado no blog conserva todo o seu frescor. Seguimos coa caída en picado. E os que cambiaron o seu voto daquela están convencidos hoxe de que foi un cambio a peor, sometidos agora a un goberno absolutista, de corte aldeán.

MORAR EN PONTEVEDRA [9.7.1999] ,

por Xesús López Fernández

Hai dúas semanas publiquei un traballo titulado “Pedir en Pontevedra”, no que facía un exame un tanto cáustico do que está a acontecer, de cómo medran certas bulsas de probeza, a concentración de medigos e de amigos do alleo en crecente. Pedir en Pontevedra é unha das formas de aparcar na vida, de vivir de forma máis ou menos permanente o último día, abandonada toda esperanza. Se pedir en Pontevedra é unha mala forma de vivir, ¿qué nos toca ós que queremos vivir doutro xeito, donos dos nosos actos, da nosa noite, do noso futuro, dos nosos paseos, da nosa profesión, de mante-lo espacio público libre de miserias, de que non se deteriore o noso urbanismo máis e máis?¡Xa me gustaría a mín dispoñer de bola de cristal e ver restaurada-las cousas que nos foron roubando, expropiando por desidia de certas instituciós!...

Comprenderase que me estou a referir ás pequenas cousas de cada día, cuio coidado segue a ser necesario, porque a democracia é moi bonita, claro que sí; pero os nosos dereitos teñen a fronteira sotil dos dereitos dos demáis e podemos, sí, ser donos da nosa voz e do noso voto, pero non do silencio que os demáis precisan pra dormiren. E debemos poder defendernos de tantísima actividade ilegal cando non dun urbanismo caótico que fai pensar en cousas extrañas, en tortuosos procesos de recalificación, etc. E debemos clamar por unha xusticia ante a que non conten prebendas de aforados nen trato de favor según raza ou casta. Como tamén clamamos pola existencia dunha auténtica política medioambiental ou de que non enzudren os espacios públicos.

O curioso de moitas das cousas que nos preocupan é que non se chegarían prantexar con que se practicase unha política de prevención, de sanción das pequenas faltas, que serviría pra evita-la escalada que se está a producir consecuencia das facilidades existentes, que é algo contra o que están a loitar diversos amigos e asociaciós e que pensan que co novo goberno local poden cambia-las cousas. Porque realmente debería abondar cunha policía local eficiente, investida de poder, pra clausural-lo negocio e canto café-concerto e seodopubs que, coa cisterna dos decibelios, infectan de ruído a noite, privan do seu dereito a dormir a veciños de rúas enteiras que tentan face-la travesía da madrugada a base de psicofármacos ou tranquilizantes. Ou que ven cómo, dentro do boureo noitarego, é posible convertir cada recanto, cada contenedor, en depósito de vasura corporal, ata que as denuncias fagan masa crítica. Cuestión simple de policía municipal.

Por esa cuestión, pola impotencia á hora de afronta-lo tráfego da droga, por non impedir o mercadeo ilegal de roupas presuntamente roubadas, por non atende-la reparación das vellas cicatrices de tantísima rúa amorosamente pavimentada por adoquinadores portugueses, por non poñeren en práctica unha política ambientalista coherente, por non idea-la creación de aparcamentos na zona vella, por converti-los policías do concello en meros chivatos ó servicio da grúa do señor Carballo, é polo que se foron creando bolsas de votos dispostos a pedir un cambio. Naturalmente, o inventario faríase longo, pero cadaquén ha saber por qué cambiou o seu voto. E non creo que nadie vaia facer miragres pero, por si acaso, moita xente cambiou o seu voto. A ver se recuperamo-la dignidade, e a noite, antre outras cousas.

No hay comentarios: