Minicines. As imaxes están movidas, non se entenden. "If you vote to me I promise focking to you". É o discurso de cada día, como acaban de mostraren, co seu solape, Zapatero e Quintana. Actuación "magdaleniense".
Pontevedra, 12.12.2007
Acollo o traballo agora inserido porque especialmente a min, autor á par que agnóstico en Política, váleme pra me afirmar, cibernéticamente, no que no mesmo se dí. Desgraciadamente, terá que pasar algún tempo antes que os blogs poidan valer pra crearen un estado de opinión ou un cambio no sistema electoral, pra sanea-las Administraciós e a Política en xeral. E agora resulta que inda fomos atrás e que poden obter máis forza os políticos "magdalenienses",prá desgracia do país. como se comenta na entrada anterior. Digo.
“IF YOU VOTE TO ME...” [23.04.1999],
por Xesús López Fernández
Cando escomezou a andaina “democrática” na que estamos Summers publicaba un curso de inglés –English made uneasy, o inglés feito difícil— a modo de “comic”. As distintas estructuras estaban presentes nos discursos dos políticos e un afamado lider de esquerdas dirixíase ó electorado decindo: “If you vote to me I promise focking to you.” (Se é que me votades prometo vos hei foder). E pergúntome se esa frase de Summers, un tanto despiadada, non ven ser como un resume do que se pode agardar dos diversos discursos políticos, porque o tempo acaba por demostrar que case todo é, neles, pura trola ou demagoxia. As promesas, en política, fanse case sempre pra pasar delas e, como resultado, queda un electorado cada vez máis descreído. ¡Se polo menos houbera listas abertas ou se puideran tachar nomes!
Cando xa choveu dende as primeiras elecciós e o orixinal método de inglés pertence ó pasado atópome cunha sorpresa interesante en canto a formas de discursos políticos: a campaña que o demócrata Al Gore, o vicepresidente USA, acaba de comezar por medio de Internet cun espacio cibernético moi claro –www.algore2000.com— no que pensa volca-la súa propaganda cara as eleccións do ano dous mil coa Casa Blanca como meta. Os republicáns van estar tamén especialmente activos e depositan na Rede grandes esperanzas, algo lóxico nos Estados Unidos. E quixeramos, excepticismos fóra, creer que Al Gore pode cambiar aquel país coa cruzada na que invita a participar ós internautas, ós que solicita opiniós e información.
Al Gore ten tras de sí unha obra importante, “A Terra en xogo”, un libro profundo, axenda de traballo prós diversos gobernantes se realmente queren salva-lo planeta. Son as reflexiós do vicepresidente, un estudio pormenorizado sobre cuestiós que afectan á saúde da Terra e que desenvolve ó longo de quince capítulos e unha conclusión. Un estudio serio. A morte do mar de Aral, a desaparición de especies, o quecemento da Terra, a perda de masas boscosas, e un longo etcétera están presentes no libro, con profusión de citas. A política de Clinton pode afecta-la credibilidade da mensaxe de Al Gore, que pensa facer da comunicación por medio de Internet a parte máis importante da súa campaña á presidencia. Non pensemos que vaia ser fácil unha mensaxe ecopacifista, en contra do lastre deixado por Clinton, salvo que ésta coincida cos intereses dos lobbies, dos que realmente mandan e profanan o mundo.
A páxina web de Al Gore resulta atractiva, e estamos noutro país onde tamén está en marcha a maquinaria electoral, onde igualmente mandan os grupos de presión, os verdadeiros controladores da felicidade ou das guerras. Deles dí Murray Rothbard –outro americán— que son os amos do poder e que o Estado non é nada máis que unha máquina, un instrumento ó servicio dos violadores. Murray Rothbard declárase ultraliberal, ácrata de dereitas, e sei de alguén que, ácrata lóxico, estaría disposto a deseñar unha páxina web activa, ou un virus, que aparecería como portal das que poidan incluir na Rede os partidos de aquí. Nela figurarían, a modo de comic, os líderes políticos todos cunha mensaxe común –¿adivíñádela?--, o texto de Summers mellorado e traducido ás línguas peninsulares: “If you vote to us, we promise focking to you” (Se nos votades habedes quedar fodidos, v. libre ). Cousas do amigo ácrata.
1 comentario:
Cando os nosos políticos falan:
"xustiza, Galiza, sentenza, presenza, Galiza, grazas, xuizo, xuíz, Galiza, animais (eles), totais," etc. están a faceren burla do idioma galego, queren a acabaren co principal sinal de identidade desta terra, Galicia, á que levan tempo a lle roubaren o nome. A lingua xa está case destroída co galegués que nos sirven en cada un dos seus discursos.
A frase de Summers "if you vote to me" posta en boca de Carrillo, vale prós políticos galegos, "I promise focking to you", é decir, "prometo que vos hei foder".
Éso é o que nos están a decir en tódo-los seus discursos.
Publicar un comentario