miércoles, 19 de diciembre de 2007

PEDIR EN PONTEVEDRA [23.06.1999]

Casa da Luz. O que era espacio cerrado foi configurado agora como espacio de miseria. Un escaparate da probeza urbanística que, pouco a pouco, se vai asañando na cidade.


Pontevedra, 19.12.2007

Pode haber algo de mala uva no traballo que agora vai, pero de certo que a situación sigue sendo preocupante. O comedor de San Francisco é un referente. Nel comen non sóo as xentes verdadeiramente necesitadas, senón os mendigos chegados de lonxe, informados de que aquí teñen o condumio garantizado. Se ademáis, os chegados de fóra son drogadictos, O Vao, o Supermercado da Droga, pode suministrarlles a súa dosis cotiá se dan reunido o que necesiten pró pago. Talvez temos vivido momentos de máis preocupación, pero o problema persiste cando non hai ideas claras de cómo se pode relanza-la economía, que incluso se afoga máis e máis ó comercio local.

PEDIR EN PONTEVEDRA [23.06.1999], 
por Xesús López Fernández

En todas partes existen probes, mendigos que conviven, malviven, coa sociedade. Algús forman parte da paisaxe urbáa, agardando por unha man xenerosa. Viven outros o seu estado como unha situación existencial, escolleron ese camiño antes que embarcarse nunha oposición. E a nosa Ferrería é un verdadeiro esculcadoiro...Pódese reparar no home que anda coas súas pertenzas ó lombo, mochila de tres pisos, cabazo e caxato como Kung-Fu, vestido de remendos. Un gran plástico completa as súas roupas, non sei se pra lle dar abrigo nas noites ou se pra despregalo e facer parapente de fantasía no seu extraño mundo. Outro, máis pragmático, séntase de vez en cando pra facer arqueo --a mendicidade como negocio-- mentres outros acampan nos xardís de San Francisco, onde a fonte convírtese en lavabo e piscina.

Estamos no vran e a miseria faise máis presente. Mendigos novos e mendigos de sempre nas rúas e portas das igrexas, --¿por qué non na Delegación da Facenda ou na Casa Consistorial?-- que acoden, resaca compostelá, á nosa vila. Santiago está a rebordar e veñen a nós novas tribus, alén do mendigo solitario que polo serán perguntaba por un sitio onde dormir. Aí, en Sindicatos ou no entorno da fonte procuran pasa-la noite os que aquí veñen, é a resposta que a un se lle ocurre, pero....A mín chamag compañegos, decir que habeg sitio, pabellón depogtes, la ghía, Dirá vostede a ría, ¡Sí, la rría!. O acento é revelador de que esta vez se trata dun mendigo europeo, tal vez serbocroata ou romanés, e a referencia ó aviso dos compañeiros quer decir que non está sóo, que se poden estar organizando en bandas.

Novas parellas e novas tribus están a chegar. Con bo tempo pra dormir nos nosos xardíns, ó abeiro dunha fonte pública, aparecen novos hippis de face ourizada de espichos diversos, orellas furadas, nariz furado, beizos cravados. Algunhas mulleres son aínda nenas coa ledicia na faciana de quen escomeza unha nova vida, que fuxen do protocolo social e dos libros, que creen ter diante súa unha felicidade sen límites...ata as primeiras caries, o primeiro embarazo, a perda de hábitos de hixiene, as chuvias e o frío, a sida, lonxe da familia, camiño sen retorno. E novos punkis de cabeza cristada e cans a rebulir ó redor deles fan demostración nas prazas das súas habilidades ou acampan nos nosos parques. A suciedade en crecente que nos asolaga e alcatrea.

O comedor de San Francisco quédase pequeno. Un referente en toda España, faro de atracción como O Vao, en Poio. E a violencia en aumento. Os drogatas precisan seis, quince mil pesetas ó día prá droga. I eso, os cidadáns, non-o podemos soportar. A presión reventa en roubos múltiples, con ou sen navalla, con escalo ou butrón, as ancianas con bulso son víctimas en potencia. ¿Por qué non se actúa con máis dilixencia neste asunto? Xa sabemos que son xentes enfermas, que habería que atendelas en dispensarios. A sociedade sairía gañando, perderían unicamente os narcos. Sería posible manter aberto o diálogo con esas xentes, pensando nunha posible reinserción cando eles decidisen. Moitos están fichados na policía, pero a frase do mendigo europeo, A mín avisagme compañegos, pode se-lo preaviso da chegada dun lider que configure en bandas ós miserables cosmopolitas que arriban á nosa cidade como consecuencia da resaca xacobea. O peor pode estar por chegar.

No hay comentarios: