A grabación recolle algunhas obras nas que intervén Alexandro Bóveda. Tamén as obras grabadas no ano 1956, sendo director Antonio Iglesias Vilarella, cando o autor deste traballo pertencía ó coro.
Pontevedra, 21.12.2007
Aínda quedan algús traballos do anao 1999 por inserir no blog. Este d´hoxe refírese ó acto no que foi reivindicada públicamente a memoria de Alexandro (ALEXANDRO) Bóveda. O traballo non precisa de máis comentario, e o que nele vai dito está escrito por un home que foi tamén cantante na Polifónica de Pontevedra, escola real de galeguismo, do galeguismo posible nos anos 50.
Aínda quedan algús traballos do anao 1999 por inserir no blog. Este d´hoxe refírese ó acto no que foi reivindicada públicamente a memoria de Alexandro (ALEXANDRO) Bóveda. O traballo non precisa de máis comentario, e o que nele vai dito está escrito por un home que foi tamén cantante na Polifónica de Pontevedra, escola real de galeguismo, do galeguismo posible nos anos 50.
NON HOUBO GALOS.....[17.12.1999]
por Xesús López Fernández
Comprenderase que estamos aludindo a un dos poemas leídos no Auditorio con motivo da homenaxe a Bóveda, agora fillo adoptivo de Pontevedra por acordo maioritario da corporación. O pasado día 11 tivemos ocasión de relembrar por enésima vez o citado poema –“Non houbo galos prá mañá triste dos seus ollos mortos...”--, sobrecollido o noso espírito unha vez máis ante a descripción do martirio que fai Salvador García-Bodaño: “Deus estaba alí, en cada ferida asesinado....Deus, Un e Trino, testemuña silandeira...e, nembargantes, non houbo galos”. E, presentes no acto, acodiron naquel momento, relembros vivos, as memorias dalgunhas criaturas xa idas que choraban co recitado particular que faciamos nas nosas parcas xuntanzas, alá polos anos 66 e 67.
Moitos dos presentes, agradecidos porque finalmente se dera o paso do reconocemento público de Bóveda, saídos das catacumbas, nos perguntabamos por qué non se dera antes ese paso, posible xa dende calquera dos gobernos anteriores, pero o certo é que faltou xenerosidade ou que, simplemente, non se lle ocurreu a nadie próximo a Cobián, a Rivas.....Ou que remanecían, retornaban os medos, como no caso das criaturas incapaces de reprimi-la súa emoción ó leeren o “Non houbo galos prá mañá triste dos seus ollos mortos...”, marcadas por algún “tic” nervioso dende o 1936, temerosas, temerosas, temerosas... , nalgún caso como a meniña forzada no camiño de Santiago á que se alude no Romance do conde d´Arcos cando vai preso que cantou a Polifónica e que Iglesias Vilarelle, piamente, reconvertiría en “por namorar unha nena” no canto de “por forzar unha meniña”....O millo, ...... acobillo providencial pra unha nai e á súa filliña moza,...1936.
Non somos grandes conocedores do entón acontecido, máis alá da dolor en cada familia producida, e todo porque ó longo de moitos anos primou o silencio decretado nas casas, o medo longo... E certos temas foron durante tempo contados baixo mínimos incluso na Polifónica de Pontevedra, en certo sentido escola dun galeguismo posible, presentes por anos fillos, cuñados e sobriños de Bóveda. E decía un dos seus, presente o día do acto, resulta paradóxico que a esquerda tente patrimonializa-la figura dun home que según el habería que definir como de dereitas, da dereita nacionalista....Haberá que lembrar, se acaso, que o dereitista PNG. –léase “peenegué”--, herdeiro do PG está hoxe integrado no BNG. –léase beenegué--, malia o esforzo da fracción da UPG –léase “upegué”-- por reduciren as bases críticas da coalición á nada.
Hoxe semella absurdo falar de dereitas ou de esquerdas porque, por desgracia, parece que a todos se lles acaba atascando a marcha. Aparecen as Filesas e outras financiaciós e o cidadán que se quer manter no sistema ten que tragar sapos unha e outra vez. Somos moitos os que nos situamos fóra, en plan ácrata racionalista e que, presentes no Auditorio o pasado día 11, todo tan organizado, cando o canto do Himno Galego pola Polifónica cerraba o acto, sumamos as nosas voces ás do coro, á marxe do guión oficial. Algús, noutrora cantores no coro, non puidemos gardar silencio e fixemos ofrenda das nosas voces, fóra do sistema, por un Bóveda mártir, por un Bóveda e unha patria de todos. “Deus, en cada ferida asesinado..” Nunca máis ese terror.
No hay comentarios:
Publicar un comentario