domingo, 9 de diciembre de 2007

MÁIS SOBRE A TRAICIÓN Á RÍA [9.12.2007]

O Brado, novamente. A pintura de Edvard Münch parece describir a alguén que fuxe dun holocausto, como pode ser unha explosión nuclear ou unha nube de cloro. O cadro nos brinda, con sentido anticipalista, unha visión do que aquí pode acontecer, o horror da nosa ría. As persoas que non fuxen talvez están a falaren de solares, de cómo meterlle ós cidadáns unha pasarela máis longa pra esqueceren a asignatura pendente da recuperación litoral.

Avenida a Marín que transcurre por dominio público marítimo terrestre, que no horizonte máximo do 2018 debe ser eliminada en beneficio do mar. Pero polo que se está a ver parece un bocado, un gran pelotazo urbanístico ó tempo que matan a ría.


Pontevedra, 9.12.2007

Máis sobre a traición á ría,
por Xesús López Fernández

Sobre este tema e a maiores do comentario anteanterior, anuncia a prensa d´hoxe que os técnicos matinan na construcción dun paseo antre Pontevedra e Marín, ó longo da avenida, que incluiría a construcción dun esculcadoiro.

Os técnicos non teñen que opinar ó respecto, a non ser que consideren como banda da ría, como franxa de protección, a vella estrada a Marín. Provisionalmente poderíase usar como sendeiro o trazado do ferrocarril, declarado ilegal no tramo dos pasos a nivel d´Os Praceres. Pero incluso ese traiecto está invadindo 55000 metros cuadrados de terreo demanial. Parece demencial que non se estea a prantexar frontalamente a recuperación das marismas de Lourizán, que non queiran promove-lo estudio da Axenda21Local, que deberían andar a explicaren porta por porta a tódo-los cidadáns, non só ás asociaciós de carrileiros presuntmente subvencionadas.

Acontece, polo que se ve, que os políticos non dan a talla e que, unha vez máis, queren disculparse coa intervención técnica, como no caso dos "mosquerós", os paralepípedos cos que inzaron, infectaron a cidade, do que agora Mosquera nega a súa paternidade, que foi, según el, cuestión dos técnicos. Ou dos "trénicos", como dirían en Lepe. Pero conscente do rechazo desas actuaciós, do coste de tres concellales que esas obras representaron pró BLOQUE, ten que buscar disculpas que non valen, como tampouco a da mala elección do equipo "trénico" que os asiste.

A cidade está arruinada comecialmente, en parte pola súa culpa, e aínda que o presunto pelotazo urbanístico da Once se traducira nun premio pola accesibilidade que os cidadáns negamos e que os mosquerós e outros atrancos fan imposible; que asoman alá ó fondo as orellas dunha falta de democracia certa, de nula transparencia, dunha case-corrupción, como xa se comentaba nun traballo incluído neste blog, "A corrupción como destino".

Que tamén hoxe nos teñan informado que Galicia é a quinta comunidade autónoma en corrupción administrativa resulta pouco creíble, porque podemos estimar que existen moitos casos non aflorados, que algún terán de sair á luz pública. Esta actuación pensada prá avenida a Marín podería se-lo fío da trama urbanística que sobre Lourizán parece estar pensada. [Léase neste blog "¡Claro que había trama!]

No hay comentarios: