Alberto Núñez Feijóo, dibuxo publicado en La Voz coa entrevista de precampaña que lle fan ó lider popular.
-
Pontevedra, 12.02.2009
-
Entrada n. 824 do blog
-
ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO,
por Xesús López Fernández
-
A verdade, non sei moi ben por qué insiro no blog esta entrevista. Bueno, talvez qu´o faga porque vexo que hai unha certa indefensión do PP no momento que estamos a vivir, en vísperas de elecciós.
-
O caso da presunta corrupción sumariada por Garzón pode poñerlle as cousas difíciles ó PP. O "sentinazo" da cacería e o feito de teren aflorado datos do sumario en certos medios, revelan que a cacería pode ir máis alá da execución duns cantos cervos.
-
Decir, antes de incluí-lo enlace da entrevista que, despois da manifestación de Galicia Bilingüe na defensa do bilingüismo, aínda que moitos non-o crean, pode resultarnos máis próxima e convincente a mensaxe de Rosa Díez, que decote sobe na táboa de valoraciós.
-
O tema do Gaiás, por outra banda, leva contabilizado na súa "caixa negra" non poucos excesos, pero o candidato Núñez Feijoo non pode esquecer que a obra foi, de sempre, un grande disparate xustificado pola megalomanía de Fraga, que recibía de José Luís Méndez, de CaixaGalicia, o monte Gaiás pró seu mausoleo a cambio do espacio calificado como dominio público marítimo terrestre nas marismas de Lourizán, prá instalación alí da papeleira de Georgia Pacific, Tissú de Lourizán. Por certo qu´o decreto de supramunicipalidade de Fraga sigue vivo porque, seguramente, outros que prometeron resolve-lo problema ambiental da ría están pendentes de recolleren beneficios.
-
O tema medioambiental, señor Núñez Feijóo, vende, pero haino que asumir ó 100%, na illa d´Arousa, na ría de Pontevedra, na bisbarra do Caurel --onde parece que existe un pacto do que SOS CAUREL denomina "o tripartito", pola falta de color ecoloxista dos partidos que comparecen nesta campaña--.
-
Dito ésto, que nadie me pida o meu voto, porque aínda non séi contra quen teño que votar.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario