jueves, 12 de febrero de 2009

BRUSELAS INVESTIGA


Ruínas de obra sen estrear, n´O Porriño: un aula prá interpretación do espacio natural d´As Gándaras, construída con fondos da UE. Foto de La Voz.
-
Pontevedra, 12.02.2009
-
Entrada n. 823

BRUSELAS INVESTIGA,
por Xesús López Fernández
-
Desconozo se a noticia de La Voz d´hoxe significa unha presencia real da UE, a fiscalización da inversión dos seus fondos en diversas obras que nalgús casos poden estar "etiquetadas" como de interese xeral, como pode se-lo saneamento da ría de Pontevedra, cando realmente moito do aquí actuado evidencia unha presunta corrupción ó se tratare de obras feitas en contra do establecido na Lei de Costas, como é toda a rede de "seneamento" pontevedresa na medida na que a mesma está asentada en paralelo ó litoral, ou en dominio público marítimo terrestre; obras "culminadas" por medio dunha edar completamente ilegal.
-
A corrupción tamén está nesas inversiós, como noutras levadas a cabo ó longo dos últimos anos. Lembremos qu´o equipo de goberno local non quixo entrar, nen apoia-la denuncia, en exercicio da acción pública de Salvemos Pontevedra, de data 14.01.2004, que xa advertía dun cúmulo de irregularidades: Ence-Elnosa-Holcim-José Malvar, que nalgún caso han volver usar como cimbel electoral nestos comicios autonómicos. Pero o tempo xa lles pasou a carecen de mensaxe.
-
E lembremos tamén, xa de paso, a ilegalidade do ferrocarril a Marín e os etcéteras que se lle queiran pendurar, como a inhibición da Administración na execución de sentencias dictadas polos altos tribunales, TSJ, de Madrid, ou TSX de Galicia.
-
Aquí está emerxendo, igualmente, unha situación de "cacería", talvez menor porque a víctima é a sociedade civil que sigo sen dispoñer de políticos dignos, pero cacería en fin de contas.
-

No hay comentarios: