lunes, 2 de febrero de 2009

RESPOSTAS E OUTROS TEMAS [2.02.2009]

Montoro, en La Razón. Mercedes Cabrera, a ministra que grabou en YouTube a noticia da sentencia do TS sobre EpC dous días antes de ser asinada.
Montoro, en La Razón. O aborto que o goberno quer promover.

Caín, La Razón. Onte houbo dúas manifestaciós en Madrid. Unha democrática, pedindo a fin da dictadura cubana; outra de xentes de esquerdas, de apoio a Fidel, que mostran así que non están pola libertade. En España síntese xa un certo afogo dos que pretenden evolucionar cara unha dictadura como a de Cuba.


Caín, en La Razón. Optimismo dentro do pesimismo. A esperanza máis alá da forma de gobernar de ZP.
-.
GILA: Las armas de zp no matan. VIDEO DE YOUTUBE, Ten máis gracia que o monólogo inserido no artículo.
-
Pontevedra, 2.02.2009
-
Entrada n.800 do blog
-
Artículo semanal
-
Respostas e outros temas,
por Xesús López Fernández
-
Hai sete días que o señor Zapatero compareceu na TVE pra respondere a unha serie de perguntas feitas polas xentes seleccionadas pra lle prantexa-las cuestiós que os televidentes puideron seguir. Foron uns seis millós de cidadáns os que puideron notariar algunhas das respostas do presidente, absurdas cando as hemerotecas valen pra nos lembrar que non se levantou ante o paso da bandeira useña; que nunca asegurou que acadaríamo-lo pleno emprego, algo desmentido polas grabaciós das súas inequívocas promesas, ou qué sentido ten venderlle armas ós xudeos se fai causa cos palestinos. No tema do aborto escorregou igualmente ó se manifestar partidario dunha lei de prazos por entender que o T. Constitucional avala o aborto como un dereito da muller, cando non hai tal cousa, porque a sentencia do 1985 do alto tribunal admite, como é sabido, a despenalización en tres únicos casos e que a Constitución, no art. 15, consagra o dereito á vida: “El Estado tiene la obligación de garantizar la vida, incluída la del nasciturus”, sinala o Tribunal Constitucional.
-
O presidente tampouco sabe se as armas vendidas a Israel mataron a algún civil palestino, como respondeu a Rafael Lafuente. A afirmación parece sacada dun chiste de Gila e como tal anda pola rede un vídeo doblado no que o propio Gila parece afirmar, en relación coa exportación de armas: “..Son armas con talante…Les llaman zapateras… No matan…. Un millón…. No, de euros, que las pesetas ya no están..”. Un monólogo así ou parecido. A pergunta de Lafuente foi cecáis a máis incisiva e sirveu pra desmontare a falacia do discurso pacifista de ZP, que según diversas enquisas perdeu credibilidade na ronda de consultas que lle formularon, prás que sobreabundou o “non”: non engañou sobre a crisis, non prometeu pleno emprego, non regalou diñeiro ós bancos… Incluso afirmou que a economía era un estado de ánimo, cando realmente somos o país de Europa que máis paro “fabrica” sen que os sindicatos promovan protestas como é seguro farían no caso de goberna-lo PP.
-
Pero hai outro tema que anda por aí explicado en video: o da ministra Cabrera anunciando o fallo do TS sobre os recursos presentados en relación coa imposición da asignatura de EpC, non tanto pra educar como pra adoutrinar ós estudianes, según apuntan moitos cronistas. O feito de que a sentencia sexa de data 28.01 [o 27.01 non se conocía] dálle un certo tinte de escándalo ó vídeo da ministra que YouTube pendurou na rede o 26.01.2009. ¿Cómo se explica? ¿Filtración, mentira, perda da independencia do poder xudicial? Que nó-lo expliquen. Naturalmente, o descontento non queda aplacado. As protestas van seguir: ante o Tribunal Constitucional ou ben ante o Tribunal de Dereitos Humáns de Estrasburgo. É preciso recurrir ante esta sentencia que representa, de momento, o triunfo dos “deseñadores de almas” do novo réxime e sume aínda máis o gran problema da educación que ten o país nun pozo que parece non ter fondo. A educación é actualmente causa principal do atraso do país pró que a EpC non vai rexenerar nada nen corrrexi-los índices de fracaso escolar.
-
Con ou sen Cidadanía, según apunta Ignacio Camacho,”a ensinanza en España vai seguir sendo un ermo deshabitado de conocemento, rigor e xerarquía. As autonomías han continuar cos seus dicterios lingüísticos e plans de carácter demencial nos que van seguir manipulando o sentido da Historia, da Filosofía, a Xeografía e o Medio Ambiente. Os profesores, desarmados ante a agresividade do alumnado e dos seus pais. […] Cando un organismo internacional examina o nivel de competencia científica ou humanística dos nosos estudiantes, os resultados acaen demoledores pró prestixio da instrucción pública e prá competitividade dos alumnos”. Desatendémo-la cultura do esforzo. E mellor que confiar en EpC a formación moral e cívica do alumnado é preferible que o fagan as familias. A sentencia e o vídeo da ministra parecen, cando menos, pouco conciliables.

No hay comentarios: