Dende a Mesa pola Normalización din que a asistencia á manifestación foi escasa, pero según a foto a praza da Quintana está chea. O BNG, se a manifestación fose d´eles, diría que alí estiveron 25000 que non caben na praza. Galicia Bilingüe estima que participaron unhas 5000 persoas, máis que na manifestación convocada no seu día pola Mesa pola Normalización que, coa boca grande, dixo que asistiran uns 10000. Xa se sabe, a Quintana estira ou encolle según as circunstancias. Noraboa a Galicia Bilingüe. Noraboa tamén a Rosa Díez, pola súa mensaxe sen medo. E noraboa tamén ós políticos que asistiron a título persoal.
-
Entrada n. 817 do blog
-
Pontevedra, 8.02.2009-
Entrada n. 817 do blog
A MANIFESTACIÓN DE GALICIA BILINGÜE, EN SANTIAGO,
por Xesús López Fernández
- Nengún fundamentalista, nengún galizo, me vai dar clases de amor á lingua galega. É máis; coido qu´a instalación no galego é perfectamente compatible coa instalación no castelao, así dito porque a palabra é unha forma histórico-científica de decir "castellano" en galego, coincidente ademáis co segundo apelido de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
-
Irmán Daniel: Na praia de Rianxo caían como bágoas as estrelas,
espallaban os teus aies derradeiros bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras da sereidade,
pola plan vereda,
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sen fin.... Etc.
-
Así comeza o poema, o "in memorian" de Ramón Cabanillas que hai moitos anos teño memorizado, dende a edición dun recordatorio pola familia Rei, de Pontevedra.
-
Hoxe, ese idioma traballado por Cabanillas, por Risco ou Lugrís Freire, por Cunqueiro ou Fole, por Eladio Rodríguez, por Sarmiento e tantos outros, está desnaturalizado, sometido ás normas do Diktatt estalinista, ás normas da deriva lusista dos nacionalistas fracasados.
-
Cando se anunciou a manifestación de Galicia Bilingüe supuxen que non se privarían dun certo protagonismo as crías da "kale borroka", os aprendices dos reventadores do noso idioma ata reducilo á caricatura chamamda "galegués"; porque galegués é o que falan os Touriño, Quintana, o propio Núñez Feijóo que tería unha ferramenta de comunicación máis certa se botara man das súas raíces lingüísticas, do galego d´Os Peares que falaban a súa avoa Eladia e os tíos avós Manuel, Afonso e Jesús, casado éste en Ferreira de Pantón cunha tía carnal miña, que podo dar fé de que falaba unha lingua preciosa, como a que falan moitas xentes da Ribeira Sacra.
-
Algo que debera ter en conta Galicia Bilingüe, como tamén o PP e a UPyD é que aquí non só están a dinamitaren o uso do castelao --outra vez a mala uva de por medio--, senón que o propio galego salvado coa oralidade está prácticamente desaparecido do discurso político, que co uso do galegués, xa por sí ou por medio da súa imposición nos plans de ensinanza, están a volveren á nosa sociedade contra a súa propia e magna creación lingüística, perdido o discurso dos fundamenalistas nun tremedal de formas espúrias.
-
Vaiamos coa manifestación, concurrida, según Europa Press, por unhas 3000 persoas. Pero nalgún medio non citan cifra algunha, nada máis que a dos kaleborrokeños que participaron, uns 250. Falan sí das cargas que contra d´eles practicou a Policía, de feridos e de danos, e de lesiós.
-
Europa Press, 8.02.2009: Unas 3000 personas se manifiestan con Galicia Bilingüe en Santiago, contra la "imposición lingüística".
-
La Voz de Galicia: 10 independentistas detenidos por los incidentes durante la manifestación de Galicia Bilingüe, en Compostela.
-
-
Menos mal que El Correo Gallego parece dar unha información máis cabal, cifrando nun mínimo de 4000 os manifestantes. O seguinte enlace dá acceso á noticia e a unha galería de fotos: El Correo, 8.02.2009
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario