lunes, 16 de febrero de 2009

A POLÍTICA CUESTIONADA [16.02.2009]

Hai que ser crítico co poder, sempre. Caín, en La Razón, matiza qu´os que non-o son pode deberse a non estaren axeitadamente hipnotizados.

Pontevedra, 16.02.2006

Entrada n. 834 do blog

Artículo semanal.

A política cuestionada [16.02.2009],
por Xesús López Fernández

Tendo en conta o número de afiliados ós partidos políticos deberemos cuestionarnos a súa representación real da sociedade. As distintas bandas políticas están agora en campaña, de novo, en Galicia e no País Vasco. I están coa súa oferta particular, co seu recetario de soluciós prá situación crítica que estamos a vivir. Esquecen, sen embargo, o seu calendario de omisiós ó longo do periodo que agora remata, mesmo a súa porcentaxe de culpa na situación de ruìna que estamos a vivir, consecuencia dos seus actos de gobernación que a sociedade puido ir notariando ó longo destos pasados anos: fracaso en política escolar, fiscal, medioambiental, urbanística….A sociedade civil está farta dos abusos de poder e protesta, como quedou patente o día oito coa manifestación de Galicia Bilingüe, en Santiago; como quedou de manifesto coa concentración de 15000 persoas que acodiron á praza de Colón, en Madrid, convocadas pola Plataforma das Clases Medias, este pasado 14.

A sociedade percibe que, agora máis que nunca, a Política xa non está pensada como servicio ó país, non. Os que nela se sitúan viven, de certo, no mellor dos mundos, parece que sen responsabilidade de nengún tipo aínda que conduzan o país á máis completa das ruínas. Desaparecida, ademais, a división de poderes que mesmo poden coincidiren en monterías, moitas veces non quedan outras esperanzas que a denuncia ante instancias europeas, qué decir, outra ilusión. Así, estos días atrás era noticia a investigación que Bruselas estaba a facere da inversión de fondos europeos en Galicia, miles de millós das vellas pesetas que puideron servir pró noso despegue, pero que agora descobren que se fixo pouca inversión productiva, que as administraciós non supervisaron as aplicaciós dispostas: infraestructuras que nunca foron inauguradas ou diñeiro da UE pra obras de tipo ilegal, aínda que fosen declaradas como de interese xeral.

A sociedade civil demanda unha transparencia total e outro sistema electoral. A verdade é que existe un auténtico clamor nesta España na que, cunha cifra real de xa máis de 3800000 parados, cada día son máis persoas as que acoden ós comedores sociales. A mensaxe, no acto de Colón, foi vibrante e nela clamou Enrique de Diego pola soberanía plena dos homes e mulleres libres de toda España contra a mentira instalada no poder. Mostrouse gozoso porque acodiran ó acto pra combati-la mentira coa verdade, i esta verdade vaise abrindo paso, do que eran mostra as presencias alí concitadas e as numerosísimas adhesiós recibidas de toda España. “Xa non é tempo de debates, senón de combate… Chegou o tempo da verdade… A mentira veu crecendo ó longo de décadas e tomou corpo de natureza, convirteuse en discurso oficial habitual, no modo de relación dos poderes políticos cos súbditos, pró noso expolio e depredación.”

Brillante o discurso de de Diego. Nel pensaba este 14.02 cando oía algunhas das intervenciós de campaña a xogaren coa nosa memoria, a falta de contido dos discursos, a renovación da mentira, tamén lingoaxe común dos medios de comunicación. Os partidos, por puro entropismo, son incapaces de poñere en práctica unha política de rexeneración real. “Pero o que mellor e máis minte –decía de Diego— considérase o máis eficaz. É unha cuestión asumida: que nas campañas se minte….como cando se prometía o pleno emprego…, pero realmente era ó pleno paro ó que nos estaban a levare, cara a ruína da nosa economía e cerre de empresas, cara a ruína das nosas familias e mai-lo fame dos nosos compatriotas…” Recomendo a lectura completa do discurso. Decir que a Plataforma das Clases Medias non quer recibir subvenciós, senón acabar con elas, definindo como castas parasitarias ás que delas viven. O movemento está collendo forza, reacción viva contra a ruína social promovida polos diversos partidos políticos. Unha nova forza política está a nacer.

No hay comentarios: