A manifestación do 8.02.2009 convocada por Galicia Bilingüe en Santiago, encheu a praza da Quintana, como se pode apreciar. É foto xa reiterada no blog. Se se tratase dunha manifestación do BNG teríanse contabilizado 25000 que non caben na praza, pero como o éxito foi de GB tentaron botarlle por baixo a cifra estimada polos convocantes e a policía de aproximandamente 6/7000.
-
Téñase presente a contramanifestación levada a cabo nese mesmo momento, a pedradas e botellazos, a que Quintana definiría como manifestación en defensa do idioma, mentres que, según este iluminado, a manifestación de GB ía contra o idioma. E un xamón, ou presunto se así prefire o candidato do Bloque, metido na xeira portuguesa.
-
Pontevedra, 25.02.2009
-
Entrada 852 do blog
-
GALICIA BILINGÜE, OUTRA VOLTA,
-
Pontevedra, 25.02.2009
-
Entrada 852 do blog
-
GALICIA BILINGÜE, OUTRA VOLTA,
por Xesús López Fernández
-
Ou si se prefire, outra volta de rosca. Nada menos que 102.330 asinaturas en defensa de libertade lingüística, prós país poder escolleren a lingua de educación dos fillos, foron presentadas no rexistro central da Xunta, en Santiago.
-
Unha copia das asinaturas, que ocupan trece caixas, vai ser remitida ó Parlamento Europeo, pra proseguiren ante esa institución coa reivindicación das súas demandas.
-
Ten razón GB cando dí qu´a imposición dunha lingua pode xera-lo seu rexeitamento, como de seu está a acontecere en Galicia co que xa é chamado "galegués dos galizos", basado nas normas da deriva coas que tentan achegalo ó portugués.
-
Sigue a noticia dada por El Correo Gallego, con numerosos e algús pintorescos comentarios: GB entrega cien mil firmas contra a imposición lingüísticas.
-
Coido que estas cen mil asinaturas algo van incidir nos resultados das elecciós do 1.03.2009.
No hay comentarios:
Publicar un comentario