-
Pontevedra, 27.02.2009
-
Entrada n. 860 do blog
-
CHANS CONTAMINADOS,
por Xesús López Fernández
-
A prensa d´hoxe dá noticia dun decreto da Xunta que fixa as normas de obrigatorio comprimento polas empresas prá limpeza e restauración dos chans da súa propiedade que se atopen contaminados como consecuencia da súa actividade.
-
Según a noticia, trátase de chans de propiedade das empresas..., pero, ¿qué acontece con chan público ou co que non é propiedade das empresas, que poden en todo caso disfrutare de concesión pró desenvolvemento dunha actividade por un periodo determinado? ¿Qué acontece coa contaminación do medio mariño causada por actividades industriales ou ben por vertidos urbáns indebidamente depurados, ou pasados por unha edar ilegal imprantada en dominio público marítimo terrestre?
-
Aquí comparece de novo o tema Ence, o tema Elnosa, e agora presuntamente Gonvarri, que pode estar a vertere zinc e cadmio, como aconteceu no seu día en Barcelona, onde foi clausurada. Por eso está aquí, porque os parvaxolos dos nosos políticos locales non dan a talla e porque Lois Pérez Castrillo non-a quixo en Vigo, seguramente sabedor de que en Pontevedra se traga toda canta vasura nos queiran mandare.
-
Ence i Elnosa carecen xa presuntamente de concesión, e terían que restaura-lo solar no que se asentan, cando non a ría a toda, pero os políticos tragan, embuchan. Tamén aquí hai presunta corrupción. ¿Ónde quedou o discurso ecoloxista desta campaña?
-
Sigue a noticia de La Voz de Galicia: "La Xunta obligará a los propietarios de suelos contaminados a limpiarlos y restaurarlos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario