domingo, 22 de febrero de 2009

CARA UNHA ECONOMÍA VERDE

A Xunta ten previsto inzar de virandelos estos montes do Oribio, Reserva Natura no Caurel.
A Plataforma de Las Clases Medias. Da súa entrada activa na política pode depende-la rexeneración da vida pública, tamén do medio ambiente.
-
Pontevedra, 22.02.2009
-
Entrada n. 848 do blog
-
Artículo semanal remitido a diversos medios.
-

Cara unha economía verde,
por Xesús López Fernández
-
Parece como si estiveramos a vivire unha situación ecolóxicamente terminal a consecuencia de prácticas indebidas, tanto no eido da industria como no do urbanismo. Numerosos estudios avalan a previsión dun futuro sombrío, pró que nalgús casos pode non haber solución, dito dalgunha forma, ou si existese tería un coste brutal. Dous informes recéns falan destas cousas: un deles do prestixioso Worldwatch Institute sobre a creación de postos de traballo no marco da economía verde; o outro, o chamado informe Auken, en relación co urbanismo español, insustentable, no que a falta de medidas cautelares, a transgresión reiterada de directivas de protección ecolóxicas [estudio de impacto ambiental i evaluación estratéxica, antre outras], é causa principal da situación surrealista aquí creada, según definición da autora do informe. Pero, ¿cómo retomar unha economía verde que impida a externalización das prácticas da minería ou a industria pouco ou nada respetuosas co medio ambiente, que impida o urbanismo arrasador da paisaxe que no caso español se ven dando?
-
Según o Worldwatch Institute, as empresas de carbón, petróleo e gas están en peligro máis pola crecente mecanización e automatización que polas normas ecolóxicas. Os empresarios recelan destas, das que afirman que, cun maior nivel de esixencia, sóo van ser un factor de desemprego e fracaso económico, argumento que os analistas do sector laboral desmontan. Estos aseguran que hai máis garantía de perda de traballo se non hai calidade ambiental; que as innovaciós a favor de tecnoloxías máis limpas están á zaga dos subsidios ós combustibles fósiles e que, según un informe conocido no pasado mes de Setembro, a maioría dos empregos en explotaciós de minas e madeireiras están en peligro non pola existencia de normas ecolóxicas ríxidas, senón por acometeren unha maior mecanización e automatización ou porque moitas empresas trasládanse ó exterior.
-
As normas de protección ambiental teñen sido, nos Estados Unidos, causa de menos do 0,10 por cen dos despidos producidos naquel país, no que a minería, o proceso de metales, o papel, petróleo e productos químicos, causa do 84 por cen da contaminación tóxica do aire, auga e terra, só dan emprego a un 3 por cen da masa laboral, daí que moitas localidades dependentes dunha soa industria teñan a urxente necesidade de diversifica-lo seu tecido productivo, e aí é onde aparece, no marco da economía verde, un potencial certo de novos traballos que non dependen de procesos de transformaciós que se traducen en montañas enormes de vasura. Non. Moitos dos novos empregos dependen da actividade recicladora ou da reelaboración de productos pra acadare unha maior eficiencia en fabricación i enerxía, así como o desenvolvemento de enerxías renovables, pra creare unha economía ambientalmene sustentable que xa ten xerado sobre 14 millós de postos de traballo en todo o mundo.
-
Volvendo ó informe Auken, contestado en Bruselas polos representantes do PSOE e do PP, o urbanismo salvaxe amparado ás veces polas autoridades competentes e a falta da axeitada aplicación das normas existentes tense decantado nun certo nivel de corrupción. O PP e o PSOE, e outros grupos que sabemos, téñense quedado sóos, marxinados. Os seus argumentos non convencen a nadie porque son miles os cidadáns que teñen vivido os impactos ecolóxicos derivados deste modelo. En España, como queda dito, tense xerado unha corrupción endémica en materia urbanística, expoliadora do patrimonio natural e cultural, con grandes dificultades prá Xusticia, pra entrare no fondo de moitas denuncias. Suxírese incluso a suspensión dos plans de urbanización en marcha no noso país, algún deles outorgado de facto sen comprire, despóticamente, coa necesaria información prevista na Axenda21Local, que recomenda a recuperación do capital natural, outra fonte de traballo coa Natureza como factoría principal. Temas pra debatir urxentemente. Pero non hai color.

No hay comentarios: