Litoral d´A Moureira. Foto da fin do século XIX ou primeiros anos do XX. Repárese en Santa María. Cando as xunqueiras estaban vivas era zona na que se pescaban sardiñas. Pero nada se fixo por recupera-lo pulso da Natureza. É máis, hoxe case non temos mar. Os ecoloxistas chegados ó goberno local nada fixeron por remediaren os nosos males; claudicaron incluso no seu discurso contra Ence, da que practicamente non falaron nesta campaña electoral. I é que nada teñen que decir. Están a faceren o posible por que Pontevedra non recupere as súas praias: Corbaceiras, A Puntada, Lourizán, o Porto Santo de Colón. E claro, o 8 por cen dos turistas que nos visitan non asocian Pontevedra coas Rías Baixas. Pero deso fala a noticia que vai deseguido, de La Voz de Galicia, d´hoxe, 26.02.2009.
-Pontevedra, 26.02.2009
-
Entrada n. 856 do blog.
-
LA VOZ DE GALICIA, 26.02.2009: SÓO O 8% DOS TURISTAS ASOCIAN PONTEVEDRA COAS RÍAS BAIXAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario