Fase da agresión á balaustrada do Museo, hoxe removida e desnaturalizada. Case dous anos de obras, con rasantes mal calibradas. Foi Teresa Casal a que inaugurou o novo espacio deseñado baixo mando de Mosquera.
Pontevedra, 7.02.2009
-
Entrada n. 816 do blog
-
Traballo recuperado do ano 2003. Daquela, Teresa Casal aínda ousaba decir, en relación coa política urbanística do BNG que, na configuración do seu modelo de cidade, o que estaban era, realmente, a desface-la cidade vella. Desta volta é ela a responsable de urbanismo da zona. A involución sigue. Qué pergunte polas tendas como fixo Lores no 2003 pra, en definitiva, oir o que non quería. Abonda de paciencia e, polo mal goberno destas xentes, o comedor de San Francisco pode se-lo punto d´encontro de moitos pontevedreses.
-
Non estou levando un ritmo constante na recuperación de traballos, pero como desta volta estamos en vísperas de elecciós, aínda que autonómicas, paréceme oportuno traere ó blog o artículo agora presentado, que vai de elecciós locales.
-
Menos tres......[28.02.2003],
por Xesús López Fernández
-
Estamos na conta atrás cara ós próximos comicios de maio. Existe confusión dabondo nos partidos, programas aínda non totalmente definidos, e nalgún dos casos é preciso completar lista. A Iniciativa Cidadáa dos Praceres adiantou, hai xa tempo, as líneas mestras do seu proiecto e insisten, por simple coherencia, na recuperación do litoral de Lourizán, en que Pontevedra debe reconquistar, a medio prazo, aquel areal e o mar cada día máis ocupado polos recheos desmadrados que a ICP está decote a denunciar [que parece non importan a Medio Ambiente] como fixo e fai co tendido do ferrocarril pola súa praza. E defenden a aplicación da Lei de Costas en casos que non teñen comparanza coa xa derrubada casa de Manuel Rosal, na Pinela-Combarro, con nocturnidade e aleivosía, desconectados antes o teléfono e a luz da casa pra así deixaren ó home incomunicado e na máis completa das indefensiós, pra deseguido comezar coa demolición do seu fogar. ¡Qué valente é Medio Ambiente!

O BNG parece que arrancou con forza, coa súa presentación multitudinaria no Auditorio. Dous mil asistentes son moita xente, concitada alí pola organización frontista pró enceto da campaña. I están ademais as enquisas que, según eles, telumbran un BNG con posible maioría absoluta....Non sei se as cousas están así de claras i eu, a verdade, non me fiaría, porque non todos son parabéns en relación coa política levada a cabo polo equipo de goberno pra ver de configuraren o que eles chaman “modelo de cidade” que, según moitos cidadáns consisteu en arrasar o que xa existía. E que Pontevedra volva ser unha cidade comercial vai depender fundamentalmente dun golpe de leme, dun cambio de rumbo que cecáis o Bloque non estea disposto a asumir. Ou de que outros grupos collan o relevo e comecen cun novo urbanismo, máis democrático e coherente –e restaurador--, que poña fin a tanto dislate como levamos sofrido, a tantísima ferida de vulgaridade que non pode cicatrizar.

Como mostra vai o dito por un representante, hai escasísimos días, a un par de comerciantes da Peregrina: “Me van a perdonar si parezco demasiado duro.. Aunque soy de fuera conozco Pontevedra tan bien como ustedes y puedo asegurarles que no existe en toda España una ciudad en la que sea tan difícil entrar”. Pode ter razón porque dos problemas de accesibilidade existentes saben ben os veciños de Bértola ou de Bora, ou sabémolo os residentes na zona vella, aillados como tantas veces temos denunciado. Resultaría extraño que na enquisa encargada polo BNG non se rexistrase na cidade vella un auténtico burato negro na intención de voto, que o alcalde Lores puido comprobar hai poucos días cando, despois de visita-lo Mercado, parou a falar con algús comerciantes do entorno, abandonados e agredidos durante catro anos, arruinados nalgún caso porque con paciencia [a receta do alcalde] non se mantén un negocio, algo así como se os concelleiros cobrasen a nómina en “unidades de paciencia”, nada de cartos. E pra comer, San Francisco.

O PSOE terá que asumir un protagonismo distinto ó que se lle conoce. As declaraciós de Teresa Casal no senso de que non se está a remata-la restauración do casco vello, senón culminando a súa desfeita, é algo que deberon ter dito antes, pois ése é o sentir de moita xente.... E no PP está por ver se Rivas pode cambia-la tendencia existente, porque Pedrosa non foi líder e como oposición case non existeu, quizais porque a peatonalización levada a cabo era parte do seu ideario. Calou ó entendere que os moradores da zona non comulgaban coa mesma, antidemocrática i en parte vandálica, como na praza da Verdura, que se tería salvado se a Delegada de Cultura exercese o seu labor de vixía. Non foi así e hai tamén un certo grado de culpa. ¿Terá Teresa Pedrosa vocación e vontade de cambia-las cousas? Se así fose, tería antes que gaña-las eleccións. Difícil. Pero, en fin, na conta atrás, menos tres...., aínda pode haber outras opcións. E sorpresas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario