viernes, 27 de febrero de 2009

DIANAS POLÍTICAS

O mar profanado. Dibuxo informático de Xesús López.
-
Pontevedra, 27.02.2009
-
Entrada n.862 do blog
-
DIANAS POLÍTICAS,
por Xesús López Fernández
-
Debeu ser un debate frouxo o de Pilar Rojo e Carme da Silva, a primeira polo PP; a segunda polo BNG.
-
Nunca entendín que a asistencia hospitalaria tivese que se limitar a un só centro, porque a partir dun certo número de camas o lugar faise ingobernable, deshumanízase, según ten apuntado máis dun doutor con longa experiencia hospitalaria. Que Pilar Rojo fale de suprimi-lo proiecto paréceme ben; que propoña hospital único noutra ubicación é algo que non me convence. En Pontevedra existen moitos problemas de comunicación, ata o punto de que a cidade é hoxe unha urbe completamente aillada, desalmada. Así que coido non acerta, como tampouco no de reubicare a pasteira na comarca, conforme á idea de Telmo Martín, distinta da súa proposta de cando as elecciós municipales. É unha pena qu´o PP non teña un claro posicionamente ecoloxista.
-
En canto á intervención de Carme da Silva, outro suspenso. Coidan estos do Bloque que só eles poden pensar en relación con Ence, pero a representante dos nazionalitaristas dí que se a Ence non lle outorgaron cupo eólico é porque as súas propostas non estiveron ben concretadas, o mesmo que a dun lugar prá nova ubicación.
-
Pero, coño, si Ence perdeu a concesión no momento da súa privatización sen tere en conta a necesidade da transmisión da licencia. A partir dese momento o que hai que ter é dignidade política e facer comprire coa lei. Cerre, pois, da empresa e rexeneración das marismas de Lourizán a costa da mesma. E que se busquen o traslado pra onde realmente poidan reimprantárense. Pero se en máis de oito anos o BNG non puido con este tema, algo cheira aquí e non sóo o alcatreo xofrento da fábrica.
-
Desgraciadamente, nestas elecciós falouse pouco ou nada de ecoloxía. Nada máis que algunha pompa de xabrón como as destas dúas damas. Ou a de Lores no mitin central da campaña do seu partido, no seu inútil discursiño.
-
Sigue noticia de La Voz de Galicia: Hospital único y Ence, diana política

No hay comentarios: