sábado, 21 de febrero de 2009

CITRÖEN E ZAPATERO

Zapatero di, nun mitin en Galicia, qu´o futuro de Citröen está garantizado.
Un chiste de Caín: O home que, absorbido pola política non puido chegare a estadista, que é o que realmente necesita o país.
-
Pontevedra, 21.02.2009
-
Entrada n. 846 do blog
-
CITRÖEN E ZAPATERO,
por Xesús López Fernández
-
Zapatero acaba de pronunciar un mitin en Galicia no que pideu a masiva participación pra permaneceren co cambio. ¿Co cambio a peor? Antr´outras cousas, o home quixo dar unha certa seguranza de que os empregados de Citröen non van seren víctimas do paro. Ogallá.
-
Pero hai algo que Zapatero esquece i é o discurso de hai poucos días de Sarkozy, do que hai uns cantos meses fixo unha certa mofa, cando presumeu dos logros económicos de España, por dediante en PIB de Italia (a que acaba de engulir Endesa) e que non dubidaba que pasariamos á Francia do seu amigo Sarkozy.
-
Pois ben. Hai poucos días qu´o presidente francés lle devolvía a pelota ó afirmare que no último trimestra do pasado ano España xerara cinco veces e media máis paro que Francia. E tamén dixo o presidente francés que procuraría salva-lo emprego das fábricas de coches francesas. En Francia. O que quere decir que, pola vía dos ERES ou de paros máis radicales, a pantasma do paro anda por aquí.
-


No hay comentarios: