viernes, 6 de febrero de 2009

O ANTROIDO PONTEVEDRÉS

Pontevedra, 6.02.2009
-
Entrada n. 812 do blog
-
O ANTROIDO PONTEVEDRÉS,
por Xesús López Fernández
.
Convertido en antroido o propio consistorio, incapaces de manter viva a cidade, de dinamizala, abondaron estos nove anos de sofrimento da poboación, de ver cómo uns residentes marchan, como os negocios cerran, como o aldeanismo peatonal impide a entrada lóxica de vehículos en espacios que foron arterias, esto así, resulta que agora non poden organiza-lo desfile do Antroido 2009, pró que en principio propoñían o mesmo circuíto que prá de Reis. Unha vergonza de involución cun claro dibuxo final: PROHIBIDO ENTRAR NA CIDADE.
-
Excluídas Cobián Roffiñac e Benito Corbal do circuíto, éste, que partirá do cruce da Seca, qué difícil, vai sobir por José Malvar, seguirá por Loureiro Crespo pra doblar por Cobián Areal e Uxío Novoneyra, recorrer parte de Eduardo Pondal pra morrere en Vialia.
-
Difícil o van te-los residentes que queiran entrar co seu coche na cidade. Parece que xa estamos no punto final da configuración da cidade como laberinto.
--

No hay comentarios: