jueves, 26 de febrero de 2009

¿QUERES QUE VOLVAN?

¿Queres que volvan? Pancarta que mostra ó ventrílocuo de Fraga co boneco de Feixóo nos seus brazos. Esto é como a rúbrica pancarteira do PSOE contra o PP.
Pero a resposta foi súpeta, célere e coa pancarta enmendada: ¿Queres que volvan?, mostraba desta volta a un Quintana ventrílocuo cun Touriño boneco. Pero como a pancarta síguea a asina-lo PSOE diríase que, desta volta, é como se fose ventadora, anunciadora dun suicidio político.
-
Pontevedra, 26.02.2009
-
Entrada n. 857 do blog
-
¿QUERES QUE VOLVAN?,
por Xesús López Fernández
-
Campaña fea e pouco ou nada constructiva ésta qu´agora morre, como se ós partidos lles preocupase soamente mante-lo mandiño e non o futuro do país, unha política de transparencia e auténtica rexeneración e creación de postos de traballo.
-
Aínda onte sonou o teléfono da casa. Unha señorita chamaba pra facere unha enquisa da empresa Sondaxe. Pero como eu son xubilado non lle interesou seguir a perguntare. Pero, ¿por qué?. ¿É que acaso os xubilados non votamos?. En fin, foi todo unha especie de diálogo de besugos, eso que lle dixen: "¡Señorita, que eu sí estou vivo, vou votar, e pódolle decir por quén non-o vou facer, e a qué políticos desterraría da Política!". Tamén lle dixen que non creía nas enquisas, que normalmente favorecían ós qu´as encargaban. De todas formas e volvendo coa pergunta de "¿Queres que volvan?" paréceme inicuo o tratamento que La Voz dá á noticia, da que inclúo titular:
-
La Voz de Galicia, 26.02.2009:
"Sabotaje con nocturnidad y alevosía". Varios carteles satíricos del PSdeG han aparecido con fotos de Touriño y Quintana pegadas encima de las de Feijóo y Fraga.
-
É decir, no caso do PSdeG son carteles satíricos. A contrarréplica é, en cambio, un "sabotaxe". Curiosa a parcialidade de certos medios.

No hay comentarios: