Vergonzosa ocupación do dominio público marítimo terrestre, en Nules, Castellón. Foto de El País, 2.02.2009
--
Pontevedra, 2.02.2009-
Entrada n.802 do blog
-
QUEREN ACABAR COA LEI DE COSTAS,
por Xesús López Fernández
-
A Lei de Costas do 1988 é un texto realista de cuia aplicación se podería ter avanzado máis na recuperación e rexeneración do litoral, agredido pola presión constante dos clústers ou dos propios políticos que buscan te-lo seu paraíso particular onde a outros non se lle permitiría, como actualmente acontece na Illa d´Arousa, onde a construcción de Vila-PSOE prosigue, en línea máis avanzada qu´a doutras casas con sentencia firme de derribo.
-
Cristina Narbona quixo recuperar terreos, incluso por medio da súa compra, situados no espacio definido como dominio público marítimo terrestre. Pero pra finaliza-la política da ministro colleuse pola vía do medio: suprimiron o ministerio de Medio Ambiente e sumírono, nunha especie de tres en un nun novo ministerio rexentado por Espinosa, que acaba de soaviza-las medidas contempladas pola citada lei, en relación coas casas construídas antes do 1988 en primeira línea de praia, por medio dunha disposición do ministerio de Justicia autorizando a venta desas edificaciós. A partir deste momento irase descafeinando a lei, tamén agredida por un decreto da Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia, á medida de certos caprichos políticos. Nada, que a Lei de Costas ten moitos nemigos, os nemigos do litoral: os clústers da acuicultura, das eólicas ou os que dispoñen a demencial construcción de depuradoras e portos deportivos sen lles preocupar si se cargan unha ría, unhas ou marismas....
-
Sigue un enlace de noticia que hoxe dá El PAÍS: El Gobierno atenúa la Ley de Costas y deja vender las casas sobre la playa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario