viernes, 13 de febrero de 2009

O VENTO TEN UN PRECIO EN TRIACASTELA

Montes Oribio, ou Iribio, no Caurel.
Outra vista dos montes Oribio, qu´o executivo galego está disposto a sacrificar. ¡E siguen a falaren do Caurel como parque natural...!
-
Pontevedra, 14.02.2009

Entrada n. 527 do blog
-
O VENTO TEN UN PRECIO EN TRIACASTELA,
por Xesús López Fernández
-
Hai poucos días que inserín un correo de SOS CAUREL. A organización "Galicia non se vende" ten convocada unha manifestacións pra mañán, en defensa, antre outras cousas, daquel paraíso.
-
O enlace que ven a continuación refírese a noticia que comeza así: Desde la cumbre nevada del Oribio, en días despejados, se pueden ver los montes de Asturias, y los de Portugal, con Cabeza de Manzaneda a medio camino. Desde lo alto del Oribio se otean sin dificultad las chimeneas de As Pontes y los molinos de 14 parques eólicos. En la carretera, Quintana saluda desde las farolas: "A túa forza move este país".
-
Actitude e propaganda cínicas a dos nazionalitaristas que, ora fose na ría de Pontevedra, ora na protección de espacios da Rede Natura, deron unha proba constante de impotencia pra gobernare. Por eso é a hora da sociedade civil, que hoxe ten convocadas manifestaciós en diversos lugares de España, a máis importante, en Madrid.
-
A manifestación de "Galicia non se vende" é unha protesta da sociedade civil, que non se debe deixare convencer pola propaganda espúrea duns e dos outros. E no tema das eólicas están os tres partidos pringados: polo que comezou a facer Fraga; polo que siguen a promocionaren os do bipartito.
-
Os veciños de Triacastela, algús deles, fan unha resistencia épica ás anunciadas agresiós, mesmo ó estúpido anuncio de Quintana. E así, Pedro o Canta, pronuncia mítines anti-eólicos no seu restorán Río. Enfróntanse contra o poder cínico, contra os colonizadores que incluso baixo das siglas do BNG queren vende-lo país.
-
Traiamos aquí, senón, o diálogo antre Fernando Blanco, o conselleiro de Industria, e a tecedeira Cecilia Carballo. Un día, ante a protesta da muller, o conselleiro do BNG díxolle: ¿qué preferides que vos traiamos: viraventos ou centrales nucleares?.
-

No hay comentarios: