viernes, 27 de febrero de 2009

IMPOSTO DE SUCESIÓS

Solbes intenta rescata-lo imposto dos mortos, o que viría representar unha maior represión social, un verdadeiro desacougo ou tortura prós máis dos españoles.
-
Pontevedra, 27.02.2009
-
Entrada n. 861 do blog
-
IMPOSTO DE SUCESIÓS,
por Xesús López Fernández
-
O referido imposto é de carácter estatal, pero a súa administración está cedida ás autonomías, nas que a súa recaudación viña a representare un 2% do seu total de ingresos. Como ademáis a tal recaudación ven ser completamente inmoral; que representa unha verdadeira cacería do patrimonio dos herdeiros pra cobrarlles polo feito de recibire unha auténtica máquina recaudatoria, porque calquer inmoble vai tributar de por vida un ibi cada vez máis alto a consecuencia da insaciabilidade dos gobernos locales pola imprudente decisión de delegar neles comptencias de orde fiscal ou de tipo urbanístico, presuntas corrupciós moitas veces, das que veñen como consecuencia toda serie de recalificaciós descobertas e as que están por descobrire, aínda que denunciadas ás veces por claros indicios.
-
Pero resulta que o Goberno da nación, por impotencia á hora de gobernar ou de adoutare medidas económicas, están a lle dá-la volta pra retomare a cobranza do dito imposto que en moitas autonomías está prácticamente suprimido, exento nun 99% incluso, o que veu xerar un incremento de riqueza social, un maior benestar das familias, a fin da persecución dos herdeiros, cuia caza, peor ás veces que a participada por Bermejo e Garzón, vai representa-la ruína de moitos herdeiros, como pasa incluso en Galicia, onde ésos teñen que merca-la propia herencia, pagándolle á Xunta/ ó Estado como pretende Solbes, un imposto salvaxe, o imposto dos tontos, o imposto dos mortos.
-
En Madrid, unha das comunidades que máis riqueza está a xerar, existe a exención máxima posible. E non están d´acordo coa parida de Solbes, inmoral de raíz, que quer rectifica-las contas do Estado a costa dos máis probes. A comunidade de Madrid oponse á involución proposta por Solbes. Téñase presente que coa política fiscal de Aguirre, a situación económica da súa autonomía é, posiblemente, a máis puxante do país.
-
Sobre este tema están incluídos no blog uns catro traballos que coido se poden consultar por medio da columna de etiquetas. Estaríamos de novo ante a situación denunciada por Murray Rothbard: o inexistente Estado, a ficción así denominada creada pola panda de gobernantes que nos tratan, no fondo, como a gando da peor caste, pra nos leva-la carteira.
-
Teñamos presente que Alberto Núñez Feixóo prometeu a supresión do imposto en Galicia. Fíxoo varias veces, pero tería que ser máis insistente i explicalo a fondo, a tope.

No hay comentarios: