viernes, 20 de febrero de 2009

GARZÓN, SÍNTOMAS DE INFARTO

Esteban, en La Razón. Los cuernos de los venados no nos dejan ver el plan de reforestación incumplido por el Gobierno.
Garzón, ingresado nunha clínica. Cunha crisis de ansiedade, talvez polo degaro en progresare no sumario da trama da presunta corrupción, presenta síntomas de infarto. É noticia difundida o 20.02.2009, en diversos medios.
-
Pontevedra, 21.02.2009
-
Entrada n. 484 do blog.
-
GARZÓN, SÍNTOMAS DE INFARTO,
por Xesús López Fernández
-
Compréndese a presión emocional que debía estar a vivir Garzón. As cazas co ministro Bermejo, o cazador sen licencia pra cazare en Andalucía, simple coincidente con Garzón, coa fiscal e xefe da Policía, pasaban por alí, non marcaron o necesario punto de relax na farnesía sumarial en relación coa "operación Gürtel", pra destapare presuntos casos de corrupción do PP, en mal momento, por certo que sí.
-
O xués, que foi candidato socialista en pasadas elecciós, parece non dispór dun aval público de admiración como xués independente. Aínda hoxe, no debate de "El Gato al Agua", en Intereconomía Televisión, outro xués se pronunciaba sobre a folga da xudicatura e opinaba tamén sobre a división de poderes, no sentido de que o poder xudicial debería non ter dependencia política de nengún ministerio, confecciona-los seus propios presupostos, restaurar así a división de poderes. I é certo, porque o poder xudicial aparece case sempre instrumentalizado polo executivo. Así, pódese multar excesivamente a un cazador de coellos, pero a Bermejo, ó ministro Tiro Fijo ou Cartucho como lle chaman, seguro que non-o van multar nen por cazare sen licencia, nen por facelo, presuntamente, gratis total, polo menos nalgunha desas cacerías.
-
Pero volvemos con Garzón, nestos momentos enfermo, pero hai formas e formas de dá-la noticia. Así, o periódico Público culpa ó PP do infarto do superxués, sobrevido en plena ofensiva mediática do partido, "que ha hecho mella en su salud". ¿Pero se pode xogar coa información dese xeito?
-
Ben está que o sumario profundice na trama. Mal está que non se investiguen outras tramas, porque non parece que haxa un partido verdadeiramente limpo. O Estado de Dereito diríase que está en situación de descomposición, sobre todo cando do sumario vai trascendendo o que según parece sirve pra un maior descrédito do PP, en vísperas de elecciós. ¿Hai persecución do PP?.
-
Sigue a noticia de Público, que contén numerosos enlaces coa evolución do noticiario da da investigación da "operación Gürtel".
-

No hay comentarios: