martes, 3 de febrero de 2009

CONCELLO DE PONTEVEDRA, ESTUPIDECES

Rúa Real. Obra mal feita. Tapas-trampa que non resistiron dous anos, coa obra presuntamente non entregada no momento de face-las fotografías, o pasado agosto 2008. Fallo na construcción, mal cálculo da resistencia dos materiales, cando esta rúa levaba pavimentada con adoquíns, inalterable, dende a década do 1940. Outro alcalde, naturalmente: don Remigio Hevia Marinas.
Urbanismo necrolóxico, especie de novo escudo da cidade, a morte que progresa e anda pola zona vella.
-
Pontevedra, 3.02.2009
-
Entrada n. 804 do blog
-
CONCELLO DE PONTEVEDRA, ESTUPIDECES,
por Xesús López Fernández
-
Os que vivimos na zona vella poderiamos falar da estafa organizada que representaron as obras levadas a cabo na mesma, a praxis do BNG pra paraliza-la cidade, as traiciós de dous ou tres colectivos pra que as obras encamiñadas a deixala privada de tecido comercial fosen posibles, así como o desastre urbanístico de tanta chapuza.
-
Moitas cousas están criticadas xa neste blog: a desconfiguración das prazas típicas, o cerco, agresión e aillamento dos residentes, condenados a unha ruína total... Se acaso, lembren a agresión ó patrimonio urbán que representou a desfeita da vella praza da Verdura; ou a maldita confección das tapas-trampa das arquetas dos diversos servicios. Impotencia prá, xa de seguido ter que montar un plan Renove adxudicado a Sercoysa, non sei se con concurso ou sen el.
-
Sigue unha noticia de La Voz de Galicia d´esta data, a do anuncio que fai o Concello de que vai contratar un servicio de mantenemento da zona histórica, unha farsa, porque as reperaciós e parches dos que se fala na mesma, e máis que faltan, non serían necesarios se as obras foran feitas con solvencia. Nalgún caso, hai tapas-trampa que levan esgazadas máis de dous anos. I estos chacaritas miranda cara outra parte, como no caso da evolución da zona do Mercado cara unha ruína total. E agora, na especie de eutanasia deseñada prá cidade, levaron xa gran parte dos seervicios administrativos á nova Pontevedra, extramuros, a Campolongo.

No hay comentarios: