martes, 17 de febrero de 2009

GALICIA BILINGÜE DENUNCIA

Galicia Bilingüe. Éxito da súa manifestación do 8.02.2009.
-
Pontevedra, 17.02.2009

Entrada n. 836 do blog

GALICIA BILINGÚE DENUNCIA,
por Xesús López Fernández

¿Pero qué coño de necedade é a de pedi-la ilegalización de Galicia Bilingüe, como hai uns días anunciaba Carlos Callón, o membro da UPG presidente da Mesa pola Normalización Lingüística?

¿Qué coño de estupidez a de Quintana, a decir que o día 8 de febreiro houbo dúas manifestaciós, unha en contra do galego, a de Galicia Bilingüe, outra a dos "defensores da lingua", os terroristas kaleborrokeños que tentaron reventa-la manifestación?
-
Afortunadamente, esto aínda non é o País Vasco, i existen grupúsculos de esquizoides que, so pretexto de impoñeren o portugués a este noso pobo que tivo de sempre lingua propia, unha lingua xa milenaria, son, ó tempo que voceiros da súa defensa os seus principales nemigos: os galizos da Galiza, os inventores do galegués de tránsito, como o Quintana que anda agora a falare "dos proxectos perigosos" prá nosa lingua, cando o gran peligro está persoalizado na súa actitude, pola inmersión social dos nenos nas galeskolas --así, con k, queda mellor--, deseñando así, en plan estalinista, almas distintas das que corresponderían á nosa lingua real. Pero esto, queda dito, non é o País Vasco, e a sociedade está en contra do evanxelio dos que queren acabar coa súa lingua.
-
Pero a súa mensaxe non chega, como tampouco a dos outros políticos que se expresan en galegués, reconocéndolle así ós do BNG unha autoridade que non teñen.
-
Fai ben Galicia Bilingüe en presentar denuncia ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, por seren efectivamente aburados, atacados na manifestación do outro día.
-
-
Novamente é a sociedade civil a que ten que marca-los camiños do Estado de Dereito.

2 comentarios:

Jorge Cubela dijo...

Artigos coma este, dun galegofalante tolerante son os que demostran a diferencia entre os defensores da liberdade e o intransixentes excluintes do nacionalismo radical.

Hai que diferenciar a esta xente sectaria do nacionalismo máis radical dos galeguistas integradores.

Unha aperta

xesús lópez fernández dijo...

Gracias, Jorge.
Terás observado, ou podes facelo, que ó longo do meu blog, a defensa do galego é unha constante. Do galego da oralidade, non do galegués inventado por estos nazionalistas fracasados que tentan acobillárense no portugués.
Malo que a RAG tragara unhas normas en cuia elaboración non tivo parte algunha.
Un saúdo, xesús.