Mingote, ABC, 10.02.2009. Co ecoar dos garulos do galegués que arremeten contra o castelao e contra o propio galego, comentan Wenceslao Fdez. Flórez e Ramón-María del Valle Inclán... (clicade sobre o dibuxo pra velo en grande)
Concentración final da manifestación, na praza da Quintana, o 8.02.2009. Foto da Axencia EFE.
-
-
Los radicales estaban perfectamente preparados para la guerrilla urbana ··
-
Atacaron a policías y manifestantes con las caras cubiertas. El Correo Gallego, 9.02.2009
A policía detén a un dos reventadores da manifestación de Galicia Bilingüe. Á dereita aparece ferido un manifestante, membro de Galicia Bilingüe, chegado de Lugo. Apréciese a pegada da agresión dos "demócratas" que falan de extrema dereita no sentido da involución e ignorancia que levan na súa alma. ¡Eles son esa extrema dereita que decote denuncian!.
-
Pontevedra, 10.02.2009
-
Entrada n. 819 do blog-
GALICIA BILINGÜE. MÁIS NOTICIAS
-
La contraprotesta a Galicia Bilingüe acaba en una batalla campal-
Los radicales estaban perfectamente preparados para la guerrilla urbana ··
-
Atacaron a policías y manifestantes con las caras cubiertas. El Correo Gallego, 9.02.2009
-
-
2 comentarios:
Hola tocallo,queria expresarte mi punto de vista.Estoy contigo en que cualquier acto democratico tiene que ser respetado.¡NO!¡¡RADICALES DE NINGUN TIPO!!.
Pero todo esto es una hipocresia de la derecha obsoleta española.Se aprueba una ley la del divorcio(y ellos se divorcian)...Aborto(pues tambien abortan)...Matrimonios gays(casar no se casan,,,pero se dan ,,,,,)
Hoy he leido este articulo que me ha gustado:
LUÍS ÁLVAREZ POUSA
O PPdeG consumou a ruptura do consenso institucional a prol da progresiva normalización social do galego. Vintecinco anos despois da aprobación dunha lei que marcou itinerarios e visualizou a vontade de devolverlle á lingua a dignidade e o prestixio que lle sustraera o franquismo, Núñez Feijóo lexitima unha guerrilla de guerrillas contra o que lle dá a el como político e ao autogoberno unha das súas máis decisivas razóns de ser. O paso que veñen de dar os dirixentes populares retrotrae a política aos tempos en que Fraga Iribarne aínda non pensara en facer das institucións galegas o seu cuartel de inverno. Quérese dicir, á época en que un alcalde de Compostela, ben asentado no tardofranquismo primeiro e en Alianza Popular despois, se atrevera a proclamar con ideoloxizada e impúdica voz que Castelao non valía unha conferencia.
Nótase que nas filas da dereita partidaria hai demasiados recén chegados. Empezando polo propio líder, que ten do noso máis inmediato pasado unha memoria borrosa. Non doutra maneira se explicaría unha decisión que corta de raíz con todo o que as xentes de mente e corazón libres -Castelao, entre eles- viñeron tecendo, con irrenunciable tensión democrática, para darlle ao galego un estatuto de vida. Porque diso se trata: de que sobreviva no ancho e caudaloso océano da globalización homoxeneizadora, non para convertila nun relicario, que é como a quererían ver os que se manifestaron o domingo detrás do estandarte dunha cruzada ideolóxica que baptizaron, con altas doses de cinismo, Galicia Bilingüe, senón nun salvoconducto. Aquel que nos singulariza no mundo. O que fai visible a nosa condición de cidadáns galegos. O que simboliza a vontade de sermos comunidade ou nación.
Calquera persoa de ben que teña o galego non como un perigoso virus que inocula células malignas nos corpos dos escolares, en versión bilingüicida, senón como un instrumento para a comunicación de ideas e sentimentos, sabe das mentiras que sosteñen esa provocadora cruzada. Non serei eu quen xustifique os actos de boicot protagonizados por independentistas. Manifestarse é un dereito do que non se pode privar a ninguén, e por riba exacerban aínda máis a quen ten ganas de inventarse unha guerra de linguas. Son os que estarían gozosos de participar no enterro dunha lingua milenaria se con iso resucitan ao Cid Campeador. Onte interpretaron que “Touriño y sus socios batasunizan Galicia”. O máis grave de todo é que tamén o PP e Feijóo están á súa disposición para integrarse no velorio.
un saludo
Hola, tocallo:
Deixo pendurada a túa mensaxe e tamén o traballo de Luís Álvarez Pousa.
Sen embargo, has poder atopar no meu blog non poucos artículos sobre o idioma galego, coido que máis certeiros.
As miñas ideas están troqueladas dende a década dos 1950, e co tempo iría comprendendo que non se mellora a nosa lingua, creación social por excelencia, coa enchente de diferencialismos que xa os de Nós intentaran inserire, pero que agora, coas normas do Diktatt, son a causa principal do deterioro do noso idioma, da súa morte.
Non se pode pensar nunhas normas da deriva cara ó portugués, lingua ben diversa da nosa. A lingua é a fronteira antre os dous países, incluso na "raia seca" ourensáa, como ben ten sinalado Moralejo.
Decíao xa o P. Sarmiento no século XVIII: "Facede o idioma a partir da fala..." E ós que xa d´aquela podían pensar no afrancesado portugués como salvación, advertía: "Tomade o diccionario portugués de Bluteau, privádeo das palabras non portuguesas e veredes que queda nun puro esquelete".
Pero o consello do noso frade ilustrado non sería tido en conta por aquestas xentes que agora, dende a política, promoven unha política de inmersión no galegués que está a xerare un abandono crecente do verdadeiro idioma, unha verdadeiro xenreira ou noxo.
No ano 1966 e 1967 --ollo á nota, pleno franquismo--, fun colaborador nunha emisión en lingua galega, en Radio Pontevedra, a primeira da posguerra. Foron 92 programas, e non foron máis porque me cansei de traballare e non houbo continuadores, eso que na penúltima das emisiós anunciarámo-lo abandono do noso traballo, unha colaboración mantida por medio do Ateneo pontevedrés. Pero xa non tiñamos forza pra máis os que quedabamos.
Aquí estamos lonxe das ideas do frade, ou das de Vicente Risco, o home que no ano 1921 decía, sobre o noso fracaso na construcción do idioma: "Non soubemos traballar científicamente o leigado cultural de Rosalía e Curros", que inda el tentaría un golpe de leme coa traducción ó galego de "La familia de Pascual Duarte", de Cela, que tamén era defensor do uso do galego popular. E outros leigados máis próximos, como o de Ánxel Fole ou Eladio Rodríguez, o de Lugrís ou Cunqueiro, que puido se-lo forxador da nosa ortografía de non actuaren como comisarios as xentes de Galaxia, algo denunciado por Fole en relación co seu libriño "Voces na Néboa".
No blog has poder localizar un traballo meu titulado "¿Bilingüismo harmónico?", curiosamente case o título dun traballo aparecido hoxe en La Voz de Galicia, "Bilingüismo armónico", que me parece máis centrado que o de Luís Álvarez Pousa.
E pouco máis podo decir que éso, que a sociedade civil é a que debe marca-los tempos; que pró idioma que temos, fermoso, non se debía ter enredado cunhas normas impostas, puro artificio que arrasa o galego da oralidade, denunciadas no seu día por Franco Grande, Alonso Montero, Xesús Ferro Ruibal, Calaza, pero que a RAG de Barreiro tragaría. Dend´aquela... o diluvio, o idioma morre.
Lembremos tamén que os ingleses non teñen Academia da Lingua. E a este respecto, porque se ve és home preocupado polo tema, recomendaríache un libro de Alex Grijelmo, de Ed. Taurus, titulado "El Genio del Idioma". Aínda que en castelao, o libro vale pra nos aclarare cousas ós galegos e axudaríanos a comprender que moitos dos ensaios que se levan feito, de retomar palabras do Medioevo ou ir correndo cara ó portugués, carecen de sentido, porque a esas palabras "novas" pasoulles o momento hai tempo e a psicoloxía do idioma, nestos momentos, non se corresponde con elas.
En canto ó tema dunha certa batasunización, coido que sí, que se dan certos síntomas.
O sistema educativo non debe afogar nengunha das linguas, pero coido que xa demos o paso de nos situar no plano dunha ortografía, as normas do Diktatt, totalmente irracional. ¡Eso que Alonso Montero avisou, no seu día, do peligro de enredar coas normas, e poñía como exemplo o caso do francés, que levan máis de cen anos sen modificalas!.
Un saúdo cordial.
E algo che podo decir de Alberto Núñez Feijóo, co que teño unha parente común. Conocín a varios dos seus tíos-avós: A Manuel, un home que falaba unhas once linguas; a Afonso, irmán marista; a Jesús, industrial en Ferreira de Pantón, tío político meu. Os tres falaban o galego rico d´Os Peares, da Ribeira Sacra luguesa, como coido faría a súa avoa Eladia.
Un cordial saúdo, Xesús.
Publicar un comentario