jueves, 19 de febrero de 2009

O GATO MONTÉS

Esteban, en La Razón, 19.02.2009. "Los cuernos de los venados..."
martínmorales, ABC, 19.02.2009. Zapatero enliado a consecuencia da folga xudicial. Desastre.
Mingote, ABC, 18.02.2009. A Xusticia dorme, agarda a ver cómo van as cousas neste país no que os seus instrumentos xa non funcionan.
martínmorales, ABC, 18.02.2009. O cazador compulsivo Bermejo, compañeiro en cacerías con Garzón, entra no Congreso. Ata os leóns se asustan.
-
Pontevedra, 19.02.2009
-
Entrada n. 839 do blog
-
O GATO MONTÉS,
por Xesús López Fernádez
-
Tomo o título desta entrada do calificativo hoxe aplicado por Federico J. Losantos ó ministro de Justicia, Bermejo, no programa de "La Mañana", nos comentarios dedicados tanto ás súas cacerías en compañía do xuez Garzón como á súa presencia de onte no Congreso e á actitude zafia ó se negare a dimitir alegando que ten que traballar polo país. ¿Cazando? ¿A quén? O que si parece está cazado é o propio Bambi, ó que Sarkozy acaba de lle devolve-la pelota e de cuias decisiós de salva-la forza laboral das marcas de coches franceses, en Francia, pode depender que o paro, en España, vaia a máis e máis aceleradamente. E todo por ter feito chistes en campaña o mentiroso compulsivo de ZP, sobre a situación económica de Italia e Francia.
-
Coa xusticia tocada, coa independencia xudicial dinamitada dende hai tempo, coas presuntas dádivas en cacerías gratis total mentres non acrediten, el e o xuez, o pago das mesmas, venme agora á mente a actitude dun funcionario honrado, o comandante de Mariña de Vigo, o señor Ozámiz, que en paz estea, que en certa ocasión, ó chegare á súa casa atopouse con que unha señoriña de Cangas, agradecida polo traslado do seu fillo de Madrid a Vigo, favor no que mediara Ozámiz, a señoriña, digo, entregara á súa dona unha merluza, unha peixota fermosísima. ¿E cómo actuou Ozámiz, o incorruptible?. Díxolle á súa muller: ¡Pois agora a preparas en empanada e lla devolves!
-
Lonxe do exemplo citado, a política española parece, hoxe en día, un tremedal, unha gran esterqueira, unha especie de vertedeiro incontrolado ó que van os individuos e as bandas cuaseterroristas como as moscas á podremia.
-
Esto dito, deixemos aquí algús enlaces, porque a prensa hoxe ven quente, e informa do Gato Montés e d´outras cousas:
-
ABC: La soledad del cazador en su día más largo. (Noticia que contén uns oito enlaces relacionados)

ABC. Francisco Camps niega cualquier implicación en la trama de corrupción. (Francisco Camps é unha das figuras a batir por Garzón, que non quer deixare o caso ata o 4.03 aínda téndolle indicado o Fiscal que debe pasa-lo sumario ó TS)
-
ABC: Medio Ambiente abonou 3,8 millós de euros á empresa do malversador indultado polo Goberno. (Tamén aquí hai presuna corrupción que Garzón non investiga)
-
ABC: Herman Terscht, El Carnaval, sobre a situación irregular que vive España dende hai cinco anos.
-
EL MUNDO.ES: Bermejo reconoce que cazou sen licencia en Andalucía. (outras noticias enlazadas)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

El Sr. Fernández Bermejo no se ha querellado contra Don Federico; Alberto Ruíz- Gallardón Jiménez y José Antonio Zarzalejos Nieto, sí........

Anónimo dijo...

El Sr. Fernández Bermejo NO SE HA QUERELLADO CONTRA DON FEDERICO; el Sr. Fernández Bermejo NO HA DEMANDADO Don Federico.......

xesús lópez fernández dijo...

No creo que por llamarle Gato Montés, después de lo acontecido, haya motivo justificado para querellarse.
Lo que sí creo sería de recibo es una denuncia ejercida desde la "acción popular", contra actuaciones presuntamente oscenas como la de la cacería de Torres.
Ozámiz, al que cito en la entrada, era un ejemplo para toda esta gente que ha arribado a la Política o que pretenden situarse en ella para vivir opulentamente en un país en el que esos lujos los paga una ciudadanía cada día que pasa más pobre.