Quintana pide o voto ós "secuestrados". Quintana, ben traxeado i engarabatado ante os maiores. Sen bandeiras.
Quintana, en campaña, informalmente vestido. No local apréciase reiteradamente o logos estalinista da agrupación.
-
Pontevedra, 20.02.2009
-
Entrada n. 842 do blog
-
SECUESTRADOS PRA UN MITIN,
por Xesús López Fernádez
-
Xentes da terceira edade foron invitadas por Cogama (Confederación Galega de Maiores) a pasare un día en Portugal. Todo, viaxe e manduca, 15 euros. Así que uns 500 xubilados, a maioría d´eles de Vigo, apuntáronse. I en diversos autobuses cara alá foron. Pero a excursión tiña unha inesperada parada, en Oia, pra un mitin a traición..
-
¿Qué pasa aquí?. "¡Que ven o vicepresidente Quintana!". Así que, veña mitin, pero semella que o Quintana non saeu ben parado, porque non se trataba dun colectivo con alzheimer, nos que estaría vivo o uso do galego, non do galegués estalinista. E houbo críticas acedas pró presunto secuestrador, porque realmente a excursión, como tal, fora montada pra que Quintana, co seu mitin en "galegués dos galizos", extasiara ós xubilados alí concentrados.
-
En definitiva, ese acto parécese ás cacerías de Bermejo, só que en vez de cervos, o Quintana exerce o seu dereito de pernada coa operación "secuestro", viaxe a Portugal, en realidade mítin en Oia, perto de Baiona. Víctimas, 500 xubilados que se supón poden ser agora activistas anti-Bloque.
-
Pero de todo esto informa El País, comentarios incluídos dalgús xubilados. (Crónica de Carlos E. Cué, dende Oia, 20.02.2009.)
-
4 comentarios:
Merecedeiro dun guión de Almodóvar...Amigo Quin, últimamente véxote mal. Esperemos que sigas así ata o día 1.
Saúdos.
Quedoume por introducir algún outro enlace. En Libertad Digital informan de cómo foi organizado o traslado da xente dende Sanxenxo, Vilagarcía, Marín, etc, por medio de autobuses a un restorán de Oia. Secuestro total.
Quintana é un sinvgüenza. Fai práctica do máis rancio despotismo.
¿Saben como gañaba este home as eleccións en Allariz? do mesmo xeito.
Jorge C.
Seguramente quixo exercere en plan mestre de galeskola d´adultos, no galegués zafio que están a impoñeren.
Publicar un comentario