jueves, 2 de agosto de 2007

ACCIDENTE NA CERCA DUN CENTRO ESCOLAR

Pontevedra, 2.8.07

A prensa d´hoxe fai noticia de primeira plana dun accidente acontecido cando un rapaz de 14 anos pretendía saltar ó patio escolar do Colexio de Primaria Álvarez Limeses, na rúa Joaquín Costa. O rapaz espetouse unha das lanzas do cercado nunha perna. Gracias ó socorro dalgús axentes da Policía que o mantiveron en alto 25 minutos, os bombeiros puideron corta-lo ferro sen maiores problemas. O rapaz está fora de peligro, afortunadamente.

Agora veñen as críticas que imputan a culpa do acontecido á directora do Centro. Pero sendo este municipal xa non está tan claro que a responsabilidade corresponde a esa señora, sobre todo estando en época de vacaciós. Pero, claro, estamos na época na que todos son dereitos. E resulta que o patio escolar, do Centro, pode ser considerado por algús como un patio público. Por outra banda sábese que esa verxa non é obstáculo dabondo como pra que entren os vándalos a roubar, como xa ten acontecido.

¿Será esa unha das barreiras arquitectónicas que haberá que suprimir a maiores, según a filosofía do BNG? ¿E as barreiras á circulación, os mosquerós que tanto abundan, non poden ser unha ameaza de morte?

Se resulta que agora temos que suprimir todo tipo de defensa, ferros aguzados, cristales no alto dos muros, ¿qué significa? ¿Que temos que dar facilidades pra que entren os vándalos, os ladrós, etc., porque o cidadán de orde non ten dereitos e os delincuentes teñen que poder vivir a costa do alleo, do adquirido a costa de aforro e sacrificio?

Coido non estare a saca-las cousas de lugar, e perguntaría por qué o rapaz quixo encaramarse á tal verxa. ¿É que na casa non lle podían ter explicado que unha verxa, con lanzas ou sen lanzas, é indicativa de prohibición de paso, e que a el nada se lle perdía alí? Repito, nun recinto escolar de Primaria, cerrado por vacaciós.

Confío en que a directora poida desvia-las culpas ó Concello, que terá máis medios pra se defender. ¿Qué concellería vai resultar implicada no tema? Porque estamos nunha sociedade na que todo é denunciable, susceptible de acabar no xuzgado.

Non podo agregar foto, porque os medios que deron a noticia non-a inclúen na edición dixital. Noticia sesgada, xa se sabe.

No se puede mostrar la imagen “http://www.lavozdegalicia.es/default/2007/08/02/00122845792CD4A6BC8401B664BB66B5A6A6/Foto/fle.jpg” porque contiene errores.

Foto do día despois.

1 comentario:

HOLA dijo...

ESTOU TOTALMENTE DACORDO CO TEU COMENTARIO PARECE QUE O RAPAZ QUE SALTOU A CANCELA TEN TÓDOLOS DEREITOS E XA SE SABE O DA DENUNCIA O PRIMEIRO.A FAMILIA DEBERÍA RECOÑECER QUE O SEU FILLO NON OBROU BEN ACCEDENDO A UNHA ZONA PECHADA. E SE LLES PASA ALGO DENTRO XOGANDO , TAMEN É RESPONSABLE A DIRECTORA DO CENTRO???