Pontevedra, 4.8.07
Cando a cuestión do cambio climático está cada vez máis de actualidade, paréceme oportuno traer aquí este traballo sobre a Convención Ramsar, qué é e que se pode facer, saber se aquí estamos dispsostos a actuar localmente pra liberarnos en parte da maldición na que xa parece estamos a vivir: a maldición do día despois. Pero non se ve vontade política pra ben actuar. O traballo é do 5.2.05, e foi publicado no Diario de Pontevedra e no Xornal.com.

-
Convención Ramsar e Rexeneración,
Convención Ramsar e Rexeneración,
Por Xesús López Fernández
Mellor partir da definición que a Convención Ramsar fai do que son zonas húmedas: “Extensiós de marismas e pantanos ou superficies cubertas de auga, sexan estas de réxime natural ou artificial, de carácter permanente ou temporal, estancadas ou correntes, doces ou saladas, incluída-las extensiós de auga mariña cuia fondura en marea baixa non pase dos seis metros”. Esos ecosistemas xogan un papel elemental na natureza. No grupo poderiamos incluí-los que en galego denominamos xunqueira, xuncal, esteiro, braña, lago, lagoa, etc. Son os ecosistemas máis productivos da natureza e teñen un papel rexenerador demostrado. Por eso se dí deles que son como os riles da natureza. É unha desas asignaturas que o home está aprendendo e que, no proceso de aprendizaxe, terá que asumir un labor de permanente vixiancia. Todo-los dous de febreiro celebramos a nivel planetario o Día dos Humedales, porque foi precisamente nese día do ano 1971 cando se firmou, na cidade iraní de Ramsar, na beira do mar Caspio, o compromiso prá súa defensa que serviría en principio prá creación dunha lista dos espacios desa clase con importancia internacional, actualmente composta de 1.401 de 144 países, cunha superficie superior a 122,80 millós de has. España adhireuse ó Convenio no ano 1982. E dende aquela, con retraso, lévanse incorporado 49 zonas húmedas.
Estos espacios húmedos son certamente fráxiles ó estaren basados nun recurso como a auga, da que o home fai un uso intensivo. É moi importante promover campañas de sensibilización, ter en conta que son zonas que acollen gran diversidade de fauna e vexetación, que son soporte de biodiversidade, os ecosistemas máis productivos da natureza polo seu carácter de medio fronteirizo antre a terra e o medio acuático. Incluamos aquí unha referencia ó francés Chirac que, nos últimos días do pasado xaneiro e nunhas xornadas sobre Biodiversidade, cada día máis ameazada, dixo, en París, que temos que cambiar de costumes prá súa defensa; que a sociedade ten que tomar conciencia clara, o mesmo que no tema do Cambio Climático. Pois ben, cando se perde un humedal, unha xunqueira, unha braña ou unha lagoa por causa de actuaciós irreflexivas ou de desecaciós que non veñen a conto, estase a acabar, ó mellor, cunha gran depuradora biolóxica ó tempo que se modifican esteiros necesarios prá dinámica de todo un medio acuático, porque ó mellor son os que marcan os tempos, o caudal da marea en crecente ou a retirada no seu devalar, e fan a vida posible.
En Galicia existen soamente cinco zonas húmedas de importancia internacional incluídas no Convenio Ramsar: ría de Ortigueira e Ladrido, lagoa e Areal de Valdoviño, complexo dunar de Corrubedo e lagoa de Carregal e Vixán, ría de Ribadeo e complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e lagoa de Bodeira. Citemos tamén a existencia de 65 espacios propostos pola Xunta prá súa integración na Rede Natura 2000 Europea e oito zonas de especial protección prás aves. Nembargantes, a protección desos espacios non é todo o precisa que se pode supoñer e así vanse producindo denuncias con relativa frecuencia, xa por actuaciós indebidas en espacios húmedos, por agresiós contra a rede Natura en máis dun lugar ou por reventaren algús acuíferos nacentes con motivo da instalación de parques eólicos. Ou, como dí Xosé Luís Barreiro (La Voz de Galicia, 5.2.2005) “pra manter vivo o maior disparate urbanístico do Norte de España hai políticos dispostos a vulnera-la Lei de Costas e mante-la cabeceira da ría repartida en tres aldeas...”. De teima manipuladora sen precedentes trata o sagaz analista a actitude de moitos, e fala do esforzo restaurador que se dá en moitos lugares, en España, en Europa...
¡Menos mal que o PSOE cambiou de discurso con palabras intelixentes de Teresa Casal ós medios, polo que parece que o esforzo restaurador e de reposición da legalidade acaba de comezar, en contra da afirmación de políticos trogloditas (X.L.Barreiro dixit), que acoden ós medios como sesudos analistas! ¿Sería posible o establecemento aquí dunha Misión Ramsar (como no seu día no Delta do Ebro) pró estudio da rexeneración da ría de Pontevedra? ¿Será posible a integración de Lourizán e Tambo no Parque das Illas Atlánticas (na Rede Natura) como no seu día propuxo a asociación Salvemos Pontevedra, á par que a recuperación das zonas húmedas existentes ata a presa de Bora?. A asociación, que anuncia novas acciós ante a Administración, fiel á súa proclama de que se acabaron os silencios administrativos impunes, entende que esas actuaciós son necesarias. Dentro da recuperación de zonas húmedas pidamos convencidos a do noso ecosistema, con cada vez máis probes porque a ameixa morre. I eso non se compensa coa posible entrega de subvenciós.

No hay comentarios:
Publicar un comentario