Pontevedra, 16.8.07
-
Artículo do ano 1992, da serie das "cartas ecolóxicas" (53), publicadas no Xornal Diario. As cousas foron a peor dende os episodios que se describen no traballo. A Chico Mendes, mártir, sucedeulle o martirio da Amazonia toda, que cada vez é menos pulmón da terra. Ó que lle poida interesar este artículo recomendaríalle que procurase a lectura do libro de Javier Moro "Senderos de Libertad", todo el unha auténtica lección.
Chico Mendes, o home da floresta.
-
xornal diario - ateneum- n. 33 das "cartas ecolóxicas"
-
__Sendeiros de libertade_[18.06.92]
Ó tempo da celebración do Cúmio de Río producíronse unha serie de novedades no mundo editorial. Unha delas, un libro de autor español, Javier Moro, titulado "Senderos de Libertad". A obra é unha presentación do drama amazónico, concretado nunha serie de historias tiradas da realidade. I é consecuencia de tres anos de intenso traballo, dun contínuo viaxar pola Amazonia, en avioneta, autobús, canoa ou como infatigable camiñante no seu desexo de establecer contactos, de recrea-las biografías dunha serie de persoas; de penetrar no mundo dos "seringueiros", o mundo de Chico Mendes, o home que, como dí Javier Moro, "morréu asesinado pra sacudi-la conciencia do planeta en relación co que estaba a ocurrir na selva", o persoaxe central do libro.
O resultado do traballo é unha novela na que cobran nova vida unha serie de situaciós, na que se fai un pequeno inventario de víctimas e se dan, ademáis, as claves pra entende-la fondura do drama no que hai sempre uns perdedores --seringueiros, indios amazónicos, campesiños-- e unha oligarquía disposta incluso a asesinar; o "establishement" que todo controla.
O drama da seca por unha banda e a posibilidade de librarse da guerra ó tempo que de facer fortuna son as razóns que se impoñen no discurso mental de Alfredo Eustaquio, un mozo nordestino, de Ceará, que se alista no Exército do Caucho porque Indonesia está ocupada polos xaponeses e hai que incrementa-la producción de látex, vital prós Estados Unidos.
Existe un formulario oficial co texto do contrato que garantiza ós novos seringueiros uns beneficios do 60 por cen do precio da mercancía; pero Alfredo Eustaquio non sabe leer i está disposto a poñe-la súa "cruz" ó pé dun contrato distinto. Afortunadamente, Pedro de Oliveira, outro nordestino có que fixo amistade, sí sabe leer, i evita a trampa na que estaba a punto de caer. O contrato oficial de nada vale unha vez chegados ó seringal e a Pedro de Oliveira mellor lle tería sido non estar alfabetizado, porque foi precisamente o feito de defende-los seus dereitos a causa primeira da súa morte, queimado vivo.
O libro prende dende a primeira páxina. Persoaxes que se fan entrañables van entrando na escea. Nalgús casos, o autor reconstrúe o periplo de varias xeneraciós, pero os distintos fíos do relato conducen ós nosos tempos, nos que a figura de Chico Mendes se axiganta inútilmente, porque como seringueiro que é non ten dereito á libertade pola que clama non tanto pra sí como prós demáis. E morre asesinado. Un dos, tal vez, vinte mil seringueiros asesinados, que non atoparon o sendeiro da libertade.
A sociedade vive naquel país unha situación límite, porque a oligarquía, como noutras partes, ten as claves do poder, só que alí nótase sen ter unha especial sensibilidade. Pero todo éso o conta de forma maxistral Moro. Volveremos sobre o seu libro.
Xesús López Fernández.

No hay comentarios:
Publicar un comentario