jueves, 9 de agosto de 2007

CALOR E CAFÉ

Pontevedra, 10.08.07

Temos falado xa da involución feroz que se está a dar na nosa cidade. E de que si Franco creou o auxilio social no 1936, arestora a presión social da miseria é atendida, na medida do posible, pola Igrexa e grupos de voluntarios que con ela traballan. ¿Onde está o progresismo dos fatuos, dos que usan esa palabra aínda non se sabe pra qué?. Este traballiño recuperado, apareceu en diversos medios. E nel se narra algo interesante, en relación cos que chegan a certo grado de heroísmo pra ver de remedia-lo mal, de retirar indixentes dos soportales ou galerías da cidade. É a igrexa a que está a dá-lo callo, non os progresistas, que si se denominan como xente de esquedas xa non se sabe por qué é. A algús xa non lles quedan argumentos máis alá do seu agnosticismo e outras lerias, que non lles impiden forrarse a costa da política.

No se puede mostrar la imagen “http://www.bohemia.cubaweb.cu/2007/05/02/internacionales/1-calle-1.jpg” porque contiene errores.No se puede mostrar la imagen “http://www.enredpsh.org/IMG/jpg/1907061.jpg” porque contiene errores.
CALOR E CAFÉ [24.10.05],
por Xesús López Fernández

Preséntansenos diversas cuestiós de carácter social á marxe das que as asociaciós están a denunciaren pola vía xudicial, cansas de veren que o sistema político non se move, de que a Democracia está envilecida. A denuncia pública de “Río Lérez”, de Pontevedra, vai nesa dirección, porque “lles negan a participación cidadá que noutras partes predican”. I é que acontece o dito por Francis Fukuyama, no sentido de que a sociedade comprende que, por debaixo de novas formas de goberno, persisten actitudes tiránicas e involucionistas. Pero quérome referir a outras cuestiós, a dúas, que están ante os nosos ollos, e nas que o poder non quere reparar: a mendicidade e a falta de algo tan básico no noso sistema de convivencia como son os aseos públicos, gratuítos ou ben organizados conforme ó sistema finlandés, simples cabinas de aceiro ás que se accede por medio de pago que axude ó seu mantenimento. I esto queda dito porque hai moitos espacios nas cidades polos que non se pode pasar. Apestan ou están contaminados. ¿É esa a predicada “humanización”?

O primeiro dos problemas é algo que a todo o mundo lle gostaría ver resolto, pero os partidos contémplano como unha pataca quente. Do segundo tampouco se fala, mentres algunha xente considera normal o uso de certos espacios pra verter augas; pra outros usos tamén, como fan os cans, sen que se cumpran ordenanzas. Non se vixía, non hai “ollos na rúa” (falta de presencia policíal), fundido por completo o “capital social” que traería como consecuencia un comportamento máis cívico. Pero coa mendicidade, moi fácil de prohibir, sí, ¿qué solución dar?. Porque o problema da comida pode estar medianamente resolto, en Pontevedra, coa caridade do comedor dos PP. Franciscáns, gracias á colaboración que prestan os frades e colaboradores cotiáns, e gracias tamén os doantes, algús con longa xenerosidade. É posible que, incluso, se teñan instalado na nosa cidade xentes vidas de fóra coa referencia do citado comedor ó tempo que pra exerceren profesionalmente a mendicidade, asunto éste no que, en diversas partes, presumen a existencia de mafias, como en Barcelona, daí que o tripartito catalán prepare unha ordenanza municipal de prohibición na que se prevé a posible detención dos mendigos. O tema ten, naturalmente, flecos, como poden se-la utilización de menores que van quedar marcados prá vida, ou a petición de esmolas pró consumo de drogas. A actitude máis serea parece a de CiU, en contra da mendicidade organizada, pero non da que procede da exclusión social. O PP apoiaría a norma.

Prós que non teñan teito funcionan diversos lugares de acollida, nos que tamén está presente a Asociación de San Vicente de Paúl, que apoia en Pontevedra o funcionamento dun lugar onde poden dormir e tomar un parco almorzo polas mañás. É conocido por algo así como “Calor e Café” que, día a día, continúa o seu labor de acollida. O tesón dunha monxa e o de varios colaboradores brindan ós necesitados a posibilidade de aseo (hai duchas) e o calor dun café (ou colacao) con leite. Coido que hai que ser un héroe ou estar sobrado de amor pra se implicar na tarea na que, certo, ten que funciona-la disciplina dun horario ríxido, porque a unha hora determinada hai que levanta-las colchonetas e airea-lo local. Repito que as xentes teñen aseos disponibles e o austero e quente desaxún que lles permita arrancar no novo día. Xa saben que poden volver e que alí serán de novo acollidos espartanamente con verdadeira e cristiá caridade. Pero hai tamén probes que non se queren someter a regulamentos de lugares de acollida e comedores, que prefiren ocupar, infectar moitos recantos da cidade: galerías, soportales, nos que abandonan o seu precario acobillo de cartón. Pra moitos deles, ácratas e drogadictos, non vai a privación de “libertade” que representaría acodir ós lugares de acollida.

E aí é onde funciona outro tipo de caridade, que haberá que importar de Madrid: a practicada polos membros de Amauta, unha asociación de catro (Lucas, un “vello” home da rúa, Enrique, o poeta da Gran Vía --que vende poesías a cambio da vontade: “Tener un jardín quisiera/de nardos y crisantemos..--, Virginia e o conocido ciclista, José Manuel Maestre). E a misión dos “amautas” consiste en se achegar pola noite con catro termos, galletas e azucre, pra falaren cos marxinados que acepten a súa axuda, que queiran conversar, pra lles poñe-la man no ombro e ver de mostrarlles o camiño da esperanza, da verdadeira libertade. Predican tamén os “amautas” un posible cambio de actitude da sociedade cara os sen fogar. En fin, son actitudes de entrega hacia esas xentes que parece queren situarse fóra do sistema, fóra dun mundo en descomposición. Quizaves que eles o perciban con máis realismo que os que seguimos intentando rexenera-la Democracia todo-los días, tarea non doada
.

No hay comentarios: