Nen souberon revitaliza-lo Mercado, anovalo, cercado hoxe por malos accesos. Fracasouse á hora de configura-lo campus universitario. A base de seudoterrazas, de privatiza-las prazas, non se constrúe un modelo de cidade, senón de aldea. [Foto do autor]
Pontevedra, 16.o8.o7
Inclúo a seguido un traballo do ano 1992, de cando estaba no aire a posibilidade de que o Cuartel de San Fernando (era unha idea nada máis) se convertira en Facultade de Belas Artes, hoxe alí asentada.
Pasara xa algún tempo dende que nun programa de radio (La Opinión, de Radio Pontevedra) deran lectura a unha carta miña propoñendo a ubicación da facultade naquel edificio.
Eran, naturalmente, momentos distintos, máis democráticos. Alcalde de Pontevedra, Cobián. E naquel momento intentouse xogar coa idea de configurar Pontevedra como o modelo de cidade que xa era: comercial e de asentar ó mesmo tempo na propia urba o campus universitario, ademáis de facer da cidade unha urbe de servicios.
Cando foi da lectura aludida, Cobián viaxaba cara Pontevedra, pola recta de Tibo, Caldas. Entrou no programa ó ver que a idea fora xa acollida por dúas persoas, unha delas Daria González. E Cobián prometeu que faría súa a idea apuntada, pero que antes habería que debati-lo tema en comisión, e levalo a pleno.
Hoxe, se non hai cambio político, ou cambio de decisión política, a Facultade ten aí os seus días contados, porque os "rapiñas" do Concello queren o edificio pra sí. En definitiva: de modelo de cidade, nada de nada porque, arruinado o comercio da zona vella, dentro de pouco non quedará unha facultade urbá. E xa se sabe o que entenden os do BNG como cidade de servicios: as prazas privatizadas, invadidas por terrazas que non son terrazas e que fan imposible a accesibilidade que tanto predican. E o que é peor: que os residentes vexan inviable a súa permanencia na zona vella.
O modelo de cidade do BNG só trouxo suciedade, ruído, e un estrés xeneralidado antre os residentes.
Sigue o traballo aludido, publicado no desaparecido Xornal Diario de Pontevedra, con data 22.04.92, baixo o seudónimo de Pedro Somoza..

(x.l.35.125.237) (15) 22.o4.92 _
O CUARTEL DE SAN FERNANDO
O tema do campus universitario pontevedrés parece segue aínda como unha simple expectación de futuro. Hai xente pesimista que pensa que, no proceso liquidatorio da nosa capitalidade, acabaráse por perde-lo tren universitario como se está a perder xa algún vagón do tren da xusticia. O CUARTEL DE SAN FERNANDO
Os máis entusiastas coa idea de configurar Pontevedra definitivamente como cidade comercial, estudiantil e de servicios veñen dende hai tempo apuntando ó cuartel de San Fernando como futuro enclave universitario. E a idea foi acollida no seu momento polo noso primeiro mandatario, do que se pode decir que leva queimadas non poucas enerxías en conversas co ministerio de Defensa pra ver de acadar una solución viable, a saída do túnel, sempre difícil se temos en conta a actitude de ocupación colonialista que o Exército mantivo en relación coa construcción da autopista e da que se veu derivar unha maior invasión do Lérez.
Alguén chamóu por teléfono ó Axuntamento pra lles acordar unha cousa: "¿Por qué non lle lembrades ó Exército que a concesión de Figueirido prá Brilat foi en precario, que gran parte do monte é veciñal, que incluso houbo agresiós pra "liberalo" de homes e gando? Que Cobián bote man deses argumentos e que o ministerio de Defensa deixe de abri-la boca deshonestamente porque o que procede é a reversión pura e simple do cuartel."
Quen así falóu parece apuntar na dirección correcta porque os argumentos son certos. Se o noso alcalde se decide a botar man deles pode, tal vez, conseguir que o traten cun maior respeto. A el e á cidade que representa, sen necesidade de xogar na partida o posible proceso recalificador da Parda. O tema de San Fernando non admite demora e non cabe outra alternativa que o simple retorno, ainda que os socialistas se volveran medio mercaderes.
PEDRO SOMOZA _
No hay comentarios:
Publicar un comentario