lunes, 6 de agosto de 2007

ACUICULTURA CON SENTIDO

Pontevedra, 7.8.07


¿Acuicultura con sentido? Andan os novos gobernantes a lle dar voltas ó tema das granxas de rodaballos e outras especies: polbos, robalizas, etc.
-
O vergonzoso é que non parece que as cousas teñan cambiado moito dende o famoso Plan Sectorial Supramunicipal de Fraga, porque o que agora quer promocionar Carmen Gallego, a da casa ilegal en Vilaboa, é un novo Plan que están a desenvolver como modificación do promocionado por Enrique C. López Veiga, cando o Goberno Fraga xa estaba fóra de tempo, perdidas as elecciós. ¿E será que non houbo cambio de goberno, que seguen a mandar Pescanova e as outras, e a decir qué espacios da Rede Natura interesan ou cales deixan de interesar?.

Parece, en definitiva, que as cousas non cambiaron e que, efectivamente, son os clústers os que siguen a impoñe-lo seu mandato, que non se abre un horizonte de acuicultura con sentidiño.

No hay comentarios: