Pontevedra, 24.8.07
ACCIDENTE INDUSTRIAL. Fagamos referencia a un novo accidente en Ence, distinto en función do medio informativo do que botemos man. La Voz de Galicia concreta o axente causante das queimaduras de tres empregados, ó parecer de empresas subsidiarias: a lexivia. O Faro de Vigo, máis breve, relata que o accidente teríase producido cando os operarios levaban a cabo a reparación nunha válvula. Os accidentados están ingresados na unidade de queimados de Povisa, un deles co 40% do corpo queimado. Os delegados sindicales da empresa falan de que a causa foi, previsiblemente, auga quente ou vapor. Que nos aclaren as aparentes contradicciós de ambos medios. ¿Seguro que non foi cloro a causa real? Na prensa do 25.8 non se aclaran moitos máis as cousas. Díse que os obreiros, que traballan nunha empresa de mantenemento chamada Exfogal, están graves e que a queimadura foi causada por un líquido chamado "licor negro" débil, que se usa no aclarado da pasta. ¿Seguimos co cloro? Porque tal parece que sí.
DENUNCIA CONTRA GAIÁS. Unha nova plataforma cívica vai leva-lo Gaiás ante a Fiscalía Anticorrupción. Sobre o presuposto inicial lévanse invertido tres veces os diñeiros previstos. A plataforma responde ó nome de "Cultura Sí, Mausoleo Non". Dende a Plataforma piden depuración de culpas ante o cúmulo de irregularidades que se levan producido. Lembremos o que xa no seu día foi denunciado públicamente por Francisco Díaz Sánchez, presidente de SALVEMOS PONTEVEDRA, no sentido de que Gaiás fora unha donación de José Luís Méndez a Fraga, a cambio do terreo demanial de Lourizán, solar pra Georgia Pacific e presuntos e futuros negocios inmobiliarios. Alberto Núñez Feijoo tamén apoia a denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción. Nada, escándalo a diversas bandas.
DE FURTIVISMO. Denuncian o furtivismo dos mariscadores e mariscadoras en zonas contaminadas d´A Coruña e O Ferrol. ¿Pero non denuncian ós que contaminan?. ¿En qué país vivimos, se os casos de contaminación existentes son claros, e as culpas corresponden a industrias ou ós concellos que non cumpren os seus deberes? Esto dito dende a ría de Pontevedra, xa case colmatizada de merda, porque o espacio, sensible, non soporta a presión exercida dende Ence-Elnosa, dende a depuradora apadriñada por Lores, e dende outros núcleos de poboación. Sen falar doutras agresiós, como os deshonestos recheos promovidos pola Autoridade Portuaria, que non sabemos a quen obedece, aínda que o supoñamos, e que parece se quer traga-la illa de Tambo.
QUINTANA. O vicepresidente meteuse a músico e quere que os nenos galegos de entre tres meses e tres anos aprendan o himno galego. ¡Menos mal que parece non conocer outro himno, basado en letra de Alfredo Brañas, máis revolucionario! Mellor que non-o aprenda. Eu, polo menos, non llo penso ensinar. Pero esto dos himnos lémbrame un tempo anterior e no recordo de todos pode esta-lo Cara al Sol, o Prietas las filas, etc. Curiosamente, cando acodín ó colexio, ós cinco anos, as primeiras canciós que aprendín foron Dous amores i Eu de Marín ausenteime, que valían pra achegar ós nenos á realidade da Terra, ás súas raíces.. O profesor era un bo home e pedagogo, ademáis de falanxista. Pero este ramalazo de Quintana, que quer facer patria por medio da inmersión nunha lingua que non é a vella lingua do país, extraña á nosa realidade, ou nun himno sen caché, non sei como calificalo. Algún comentarista, á par de cachondearse pola querencia fascista de Quintana de lles meter un himno impropio ós nenos e nenas do parvulario, fixo alusión ó consabido autoodio, do que tamén ten falado Quintana. ¿Pero qué outra cousa é o galegués polo seu grupo inventado, contrario á lingua concebida como creación social dos galegos, ós que estas xentes queren deixar sen fala por inmersión na de opereta que levan algús anos ensaiando, pero que non vai? POR ESO MORRE O IDIOMA, POR CULPA DELES.

No hay comentarios:
Publicar un comentario