29.9.2007.Nota.- Fotografía na parte alta da Costa do Rouco, que reduciron a ancho de corredoira, ata o punto de que os autobuses difícilmente pasan, como demostra este documento gráfico. Esa é a tónica da actuación na zona vella, que acaba de ser premiada pola accesibilidade acadada. Como demostramos aquí. ¿A qué lle chamarán accesibilidade?
Pontevedra, 19.8.07
Neste traballo faise referencia ó comezo da ruína da zona vella, aínda na época do alcalde Pedrosa. O que non se sabía era que o Bloque chegaría con vontade de arraso total [e aínda lle quedan outros catro anos], co apoio dos socialistas, pra seguir desfacendo cidade. Téñase presente que o artículo que sigue é do 11.12.98. Nunca daquela pensara que o horror do Bloque ía te-lo perfil duro, de aldeanismo feroz, que se quer levar por diante, desfacéndoa, a cidade, as infraestructuras, incluso o idioma que creen falar e a Pontevedra toda como cidade residencial. Pontevedra, unha cidade pra fuxir. Por culpa do Bloque, que se faría co poder local no 1999. Unha desgracia, visto coa perspectiva que dan os anos; tamén coa asunción da presunta corrupción que vai cercando ós políticos de todo signo. ¡Incluso a eles, que presumían de ecoloxistas e que, á postre, parece siguen o libreto do camarada Stalin! É decir, cero.
REQUIEM POLA ZONA VELLA (11.12.98)
Por Xesús López Fernández
Xa están pendurádo-los estandartes que anuncian que a revolución Urban acaba de encetar. A revitalización da cidade vella está xa en marcha, tomada posesión incluso do pazo de Mugartegui, que vai ser algo así como o buque insignia da nosa recuperación social. Máis alá dos medios de comunicación podo dar fe da presencia do alcalde Pedrosa nas ruínas, antre os cascallos do edificio histórico, protexida a súa cabeza con casco azul. O alcalde Pedrosa na Pedreira, pedra sobre pedra, é algo que debería infundir confianza, polo menos a algús cidadáns.
-“¡Moito fai este home pola vila vella! A está poñendo fermosísima, coas guirnaldas da área comercial.”. Sí, hai xente que recolle esa impresión, pero coido que non son críticos, que non valoran en xusta medida o que está a ser denunciado coido que por un continxente maior de residentes, que non dubidan en asimila-las guirnaldas a crespós de tanatorio, porque o efecto, en función da luz do día, ten moito de ornamento funeral. E así llo comentei a algún dos dirixentes de “Zona Monumental -Area Comercial”, que quedou sorprendido.
As rúas estreitas están agora máis escuras. As guirnaldas locen únicamente durante o día, en función da luz solar. Se a xornada ven anubiada ou de chuvia, o barrio faise máis triste; as rúas e calexóns tórnanse túneles. E de noite, acésa-las luces das guirnaldas, convértense éstas en factorías de sombras, luces con entorno negro, pra pantasmas. Paseen senón polas rúas San Román ou Sarmiento ou calquer outra das estreitas. As guirnaldas locen únicamente si están enfocadas con outra luminaria que a que elas levan en sí, como nos espacios abertos –a praza do Concello, rúa Sierra--- onde o ornato no que se están gastando quince millóns setecentas mil pesetas aporta unha certa alegría. Non polo gasto con cargo ó Urban, claro, que non se entende.
Polo demáis resulta artística a iluminación da fonte da Ferrería, ou a das catalpas da praza da Verdura, sen aportar unha ledicia certa. Nesta praza crearon unha iluminación a modo de procesionarias rubís, como de postal xaponesa, certamente bonita. Pero no frío da noite, cando non hai xente naquel espacio nen se observan fiestras iluminadas, resulta igualmente triste i espectral. Parece, si se me permite decilo, o decorado dun espacio urbán abandonado. Os vagalumes rubís nos están acusando, fan como máis evidente o baleiro que se está a producir na vila vella: o noso abandono.
En definitiva, e nadie ten por que suscribi-la miña opinión, coido que a iluminación de anos pasados aportaba máis luz, estaba máis a tono cunha zona comercial que ten difícil solución, sobre todo dende que o alcalde inaugurou o centro comercial de Continente. A zona revitalizábase por estas datas, días de marea alta mercantil, pero este ano está todo moi crú. A posta en marcha do Urban, casco azul antre cascallos, resultou triste, como tristes son as guirnaldas que parecen deseñadas pra unha gran misa de requiem. De requiem pola vila vella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario