lunes, 20 de agosto de 2007

CRÍTICAS DA CIG SOBRE OS SOBRESOLDOS.

Anxo Quintana, líder do Bloque depositario das "esencias da pureza galeguista", tamén beneficiado do plus. Parece que os políticos todos son raposos a gardaren ó galiñeiro e que, nesa custodia, non existen diferencias ideolóxicas.

Pontevedra, 21.8.07

Congratúlome en traer aquí a nova da crítica que fai a CIG en relación cos sobresoldos previstos prós altos cargos da Administración, 15000 euros pra de por vida, pra todos aqueles que teñan exerecido como tales dende o ano 1981 coa aplicación da disposición adicional 17 da nova Lei da Función Pública. Polo que se ve, canto máis teñen máis queren.

Non lle doen prendas á CIG, que demanda a lista dos altos cargos que van cobrar sobresoldo, os probiños. E calcula que han ser 200 no actual goberno, incluídos Anxo Quintana e os conselleiros de Traballo e Medio Rural, Ricardo Varela e Alfredo Suárez Canal, xa que nos tres casos cúmprese o requisito que se establece na reforma por ter desempeñado o cargo ó longo de dous anos ininterrumpidamente.

Na noticia, que extractamos de El Correo Gallego do 20.8.07, faise referencia a que a CIG refírese tamén ás recentes declaraciós de Encarna Otero, directora xeral de Vivenda, e a Antón Losada, que se mostraron contrarios á aplicación desta medida, pra concluíren que só estos dous, no actual Goberno, tíñanse manifestado en contra mentres que, según estimaciós do sindicato "son cerca de 200 os altos cargos dispostos a cobra-lo que vai representar 30 millós de euros ó ano prós orzamentos públicos galegos. É decir --engadimos con data 30.04.2008--, que a crisis económica que vive o país xa era conocida polos políticos que, inmoralmente, só pensaron en sí, i en arruinar máis ó país.

Aquí non se salva nen o apuntador e antre os altos cargos do PP que tamén se poderían acoller ó acordo de forma legal, estarían incluídos Alberto Núñez Feijóo, Carlos Negreira, José María Sánchez González e os ex-conselleiros Carlos del Álamo e Juan Caamaño. E verten tintas, ademáis, como caso paradigmático, sobre Pablo González Mariñas, parlamentario nacionalista i ex-conselleiro da Presidencia, do que lembran foi ponente da nova Lei da Función Pública.

Lamentablemente, a CIG ten aínda que reconoce-la existencia de serias dificultades pra consegui-lo listado completo. Pide tamén a derogación da disposición adicional "por inxusta, discriminatoria e improcedente". Eu tamén diría que por obscena, deshonesta, amoral, e canto calificativo oprobioso se lle queira botar enriba. Os raposos a garda-lo galiñeiro nunha sociedade cada vez máis probe que ten, ademáis, que se emprobecer máis, xa que esos cartos van sair dos petos dos contribuíntes.

No hay comentarios: